Entradas

Mostrando entradas de enero, 2008

Pel de lobo

Imagen
Hola son Miriam, unha alumna de sexto do CEIP Medeiros. Os compañeiros que levaban este blog o ano pasado xa non están no cole. A ver se os de este ano somos quen de seguir con el. Empezo cun libro que me encantou. A ilustración é miña. Xose Miranda escribiu Pel de Lobo. O meu mestre leu o libro e a el gustoulle moito, e díxome que o collera que estaba moi ben. Empeceino a ler e estaba moi interesante. Un pai e o seu fillo andaban a cazar un lobo branco e outro lobo negro. O que máis me gustou foi a parte do libro onde o lobo os atacou, era impresionante. O pai do neno disparaba pero as balas rebotaban na súa pel dura. En fin, o libro e unha pasada, eu non me cansaría de lelo. Espero que Xose Miranda escriba mais libros coma ese. Eu xa lera Morning Star e tamén me encantara. Ei de buscar mais libros del.