Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

ENTROIDO 2021

Imagen
Coma todos os anos, dende principios de febreiro, xa notabamos unha sensación rara no corpo... Que será? O Entroido bulindo dentro de nós! 💥💥💥💥 Nestas dúas últimas semanas, entregámonos a este sentimento tan noso. Os máis pequenos e pequenas traballaron arreo a figura do Cigarrón e das máscaras, escoitaron cancións de Entroido e elaboraron pequenos complementos cos que darlle unha nota de cor a cada xornada. Foron indios e indias, ratiñas e ratiños, luciron máscaras cheas de abalorios, e mesmo diseñaron a súa propia carauta de Cigarrón. Os máis maiores deixaron fluír toda a súa xenialidade e con diversos materiais e moito traballo, crearon máscaras de Peliqueiro de Laza, Pantalla de Xinzo de Limia, Boteiro de Viana do Bolo e Pita de Eiroás, coas que nos transportaron a outros Entroidos ancestrais da provincia de Ourense. Coma en todas as celebracións, enchemos o cole de  alegría e engalanámolo cos nosos sorrisos ocultos, que se converteron coma por arte de maxia no enigmático sorri

VISITA DOS BOLECHAS AO NOSO COLE O CURSO PASADO

Imagen
Onte na CRTVG emitiron a visita que fixeron os Bolechas ao noso cole no curso 2019/2020 e que nos permitiu saír no seu programa "Braulio Tuber". Que guapos estamos todos e todas, e canto medramos! Precisamente ese foi o tema principal da marabillosa entrevista que nos fixeron. Falamos sobre as distintas idades ou etapas da vida polas que pasamos as persoas. Tamén tivemos a oportunidade de cantar e bailar unha canción con Braulio, foi divertidísimo! Aquí vos deixamos o enlace para que poidades desfrutar do programa, do ben que o fixemos e de todo o que aprendemos dos mestres e mestras! 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏 Braulio Tuber