Entradas

Mostrando entradas de abril, 2009

O selo maneiro.

Imagen
Parece que este mes amigo dos libros non deixamos de agradecer agasallos e premios. O último, e non por iso o menos importante, é a entrada na categoría dos blogs maneiros por conta dos nosos veciños e dos nosos amigos A Ponte Vella, que nos permite exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”. As normas que hai que cumprir son as seguintes: - Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio. - Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros. - Comunicar o premio aos blogues seleccionados. - Publicar as regras. - Comprobar que os blogues premiados seguen as normas. Por desgraza so atopamos 5, pero seguiremos buscando máis. UN RATO NA BIBLIOTECA A BIBLIOTECA DO CEIP DE PAZOS BIBLIOCHISPI -C.E.I.P. A LAXE-MARÍN COLEXIO DE CERVO BIBLIOBLOGREBOREDA

Día do Libro, con retraso

Imagen
Como todos os anos, este tamén celebramos o Día do Libro. Veunos visitar unha contacontos, e fixemos un mercadillo de libros. A contacontos chamábase Sabela, e era unha actriz de teatro, dun grupo de teatro de Ourense chamado SARABELA. Contounos 3 contos moi divertidos nos que puidemos participar. Cando acabou, regalounos unha piruleta a cada un de nós. No mercadillo facemos duas cousas: primeiro os rapaces e as rapazas traemos libros da casa que xa lemos e nos aburren, e despois cambiámolos por outros diferentes que trouxeron os demais rapaces e rapazas.

Saímos no periódico!!

Imagen
Ei, aquí! Somos nos os do periódico! Somos nos os que facemos o blog de os leóns de medeiros. Somos poucos, pero levámonos moi ben, e como podedes ver nestas fotos que sairon en La Región, tamén facemos moitas actividades á parte de estudar.

Un agasallo máxico

Imagen
Sempre é agradable volver e atoparse cun regalo. Neste caso os amigos de Castro de Baronceli agasállannos co Selo Violeta. “O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico". Estas son as regras: Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras. Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo. Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso! Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter. Pois tamén son Blogs Violeta: UN RATO NA BIBLIOTECA A PONTE VELLA FELICES LECTURAS A maxía co que soñamos acotío é con poder unir cada lector con ese libro que agarda misteriosamente por ese lector na biblioteca.

Fernando Alonso

Imagen
Este non é o dos coches. Este naceu en Burgos no ano 1941. Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Madrid, foi colaborador de programas radiofónicos infantís en Radio Nacional de España, e obtivo o Premio Ondas no ano 1977. Tamén foi funcionario da Televisión Española, e ocupou o cargo de xefe na División de Investigación e Documentación de Programas Infantis e Xuvenís. O seu primeiro libro foi “Feral y las cigueñas” no ano 1971, que foi declarado de interese infantil. Tamén escribiu outros como “El hombrecito vestido de gris”, “El faro del viento” ou “A bordo da gaivota”. Feral y las cigüeñas A mín, Sonia, gustoume moito o libro "Feral y las cigüeñas". Lino o ano pasado, e vai dun pobo ao que chegaran unhas cegoñas. Feral e outros nenos estaban tentando darlle cun tiracroios as cegoñas, e elas, como as estaban amolando, decidiron marcharse da aldea. Cando se foron as cegoñas, era o tema do que falaba todo o pobo. Como as cegoñas non volveron, Feral decidiu ir

Amancio amigo e o Meigo de Salamanca

Imagen
Collín este libro porque me chamou moito a atención a súa portada, con ese titulo tan misterioso. Vouvos contar un pouco de que vai. Amancio era un rapaz que estaba namorado dunha rapaza chamada Susana. Él estaba nunha clase de informática, e de súpeto apareceulle unha mensaxe no seu ordenador que dicía: “Queres vir comigo as covas de Salamanca?” El respondeulle que llo tiña que comentar ao seu pai. Máis tarde o profesor, que en realidade era un meigo, levouno onda o seu pai. Este deixouno ir e Amancio foise ás covas co meigo. Alí había unha man e un robot. Como el era o máis listo da clase, o meigo mandoulle facer tres probas, e se non as resolvía quedaría alí para sempre. A min gustoume este libro porque era moi emocionante. Había moitas cousas sen resolver que ao final se resolveron, e un amor que ao final si que é aceptado.