Entradas

Mostrando entradas de enero, 2012

Nadal 2011

Imagen
Pouco antes de que chegara O Nadal, os alumnos de quinto, cuarto e sexto fixemos un belén no colexio. Costounos, pero mereceu a pena por que nos quedou moi ben. É parecido o do ano pasado, solo que este ano quedounos mellor. Por que o profesor de Educación Física, Jose fixo un mural moi chulo. Aqui tedes unhas fotos do belén.

Curso 2010-11

Imagen
Con algo de retraso, colgamos o video que Marcos, o mestre de música do curso pasado, montou con imaxes de todos nós e unha canción que compuxo Loli, a mestra de E.F. Sirva de recordo do seu paso polo cole, e tamén do de Nuria e Fátima. Que lles vaia ben onde queira que estén este curso. Quizais algún día os vexamos de novo.

Contacontos

Imagen
O pasado trimestre viñeron dúas mestras a contarnos uns contos con música. As cancións eran sobre animais: un can, un pito,un dinosaurio... A autora chamábase Susa Herrera. Todas as cancións veñen nun libro que se chama Animais encantados. O libro trae un disco e a letra das cancións. Aquí ao lado tedes a cuberta do libro. Elas cantaban e actuaban moi ben. Esperemos que veñan outra vez. Aquí vos deixo un video cunha actuación delas.