O luns celebramos o décimo aniversario do noso alumno de Educación Primaria con moita ledicia pois convidounos a unha tarta riquísima! Noraboa Antón!🎉🎊🎉🎂🎂
O pasado venres os alumnos do Ceip de Medeiros disfrutraron da súa excursión de final de curso na compaña do centro de ocio Acougo onde fixeron un sen fin de actividades naturais e de lecer para os rapaces como salto en tirolina, paseo en barca, construcción con ananás... e ata plantamos unha árbore! No seguinte vídeo amosamos todos os bos momentos!
"Os libros son compañeiros infatigables, amigos sempre, os máis mestres, os que distraen, os que te fan pensar, que é unha das cousas que hai que facer." ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS
Os nenos aprenderon a redactar unha carta informal para os seus compañeiros. A cada un tocoulle un destinatario distinto (feito por sorteo) que descubriron na clase. 💌📩💌