Entradas

Mostrando entradas de 2019

Día do ensino

Aquí un vídeo recompilatorio de Halloween. Feliz día do ensino e boa ponte a tod@s!!!

This is Halloween II !!!

Escribimos as nosas propias historias de Halloween, fixemos os nosos títeres para interpretalas e...Velaquí as nosas actuacións, non todo vai ser festa!!!

This is Halloween!!!

Imagen
Estivemos a traballar moi duro estas semanas nos preparativos do Halloween: murais de pantasmas de purpurina, cabazas  bailongas, vampiros colgantes...Ademáis revestimos portas,  tallamos cabazas na casa , aprendimos cantigas monstruosas en inglés, fixemos teatro de títeres onde contamos historias terroríficas escritas por nós...Pero todo esforzo obtén a súa recompensa... Festaaa!!!

Cóntame un conto

Os nenos do Ceip de Medeiros prepararon un conto moi chuliño. Esperamos que vos guste tanto como a nos.

Entrevista dos Bolechas

Imagen

Cantamos con Braulio!!!

Onte viñeron ó cole Os Bolechas e cantamos unha canción que aprendimos coa profe Lidia.  Ata se animou a cantar Braulio!!!

Bo comezo de curso!!!

Este curso comezamos con moitas ganas e novas incorporacións. Bo comezo de curso a todos!!!

Calendario Escolar 2019/20

Imagen

ÚLTIMO DÍA DE CLASE!!!

Qué mellor que rematar as clases con tiro con arco, pintacaras ou xogos divertidos no pavillón? Agardamos un vindeiro curso cheo de boas novas!

Construcción de Instrumentos.

Para rematar as sesións de música preparamos un taller construíndo instrumentos de música de todas as familias con material de refugallo.

Certame de ciencia.

Imagen
O 12 de Xuño convidáronnos a ollar o primero certame de ciencia celebrado polo CRA de Monterrei. Foi unha experiencia chea de descubrimentos e boas sensacións!

“Crónicas dunha velaina”.

Imagen
Veu ao Ceip de Medeiros a antiga alumna Lorena Álvarez Martínez para amosarnos  a publicación do seu libro “Crónicas dunha velaina”. Compartimos a seguinte ligazón para que botedes unha ollada. https://cronicasdunhaavelaina.wordpress.com/

NATURE DAY

No último día co profe Víctor recollimos todo o lixo ciscado por Medeiros (plásticos,envases,vidro...). Por outra banda, ensinounos  a comprobación da calidade da agua facendo  unha media aritmética de elementos como a súa temperatura,potabilidade, osixeno, ph,grado da cal... e para finalizar visitamos a necrópole da aldea.

PARABÉNS SILVIA!

Imagen
Comezamos ben a semana co oitavo aniversario de Silvia! Foi un día de moita ledicia para ela. Esperamos que disfrutara co agarimo e apertas dos seus compañeiros.

PARABÉNS ANTÓN!!

Imagen
O luns celebramos o décimo aniversario do noso alumno de Educación Primaria con moita ledicia pois convidounos a unha tarta riquísima! Noraboa Antón!🎉🎊🎉🎂🎂

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2019

O pasado venres os alumnos do Ceip de Medeiros disfrutraron da súa excursión de final de curso na compaña do centro de ocio Acougo onde fixeron un sen fin de actividades naturais e de lecer para os rapaces como salto en tirolina, paseo en barca, construcción con ananás... e ata plantamos unha árbore!  No seguinte vídeo amosamos todos os bos momentos!

LETRAS GALEGAS 2019

"Os libros son  compañeiros infatigables, amigos sempre,  os máis mestres, os que distraen, os que te fan pensar, que é unha das cousas que hai que facer."  ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

DESTINATARIO OU REMITENTE?

Os nenos aprenderon a redactar unha carta informal para os seus compañeiros. A cada un tocoulle un destinatario distinto (feito por sorteo) que descubriron  na clase. 💌📩💌

Día da Nai.

Imagen
Os rapaces fixeron un lienzo fotográfico,  para o día da nai e engadíronlle unha dedicatoria “coas súas mans”. 👩‍👦❤️

Venres de Andaina.

O profe Santi fixo un gran resumo da saída pedagóxica cos alumnos do Ceip de Medeiros.  Ollade o fantástico percorrido neste vídeo! 😀🧭📍🔍

Parabéns Naila!!!

Imagen
Rematamos ben a semana co aniversario da nosa alumna de Infantil. Estaba boísima a tarta!!😍😘😘🎉🎊

SPAGUETTI TOWER!!

Os alumnos do centro participaron no certame Eusumo. Fixeron unha torre xigantesca con fíos de spaguetti defendendo un bo traballo cooperativo.

O Ceip de Medeiros na TVG!!

Seguindo esta ligación, podedes disfrutar da visita do Braulio dos Bolechas ao centro. Os rapaces viviron un dos días máis inesquecibles, deste curso escolar. Responderon ben ás cuestións do Braulio? Ollade a reportaxe. 😉 http://ondemand-crtvg-origin.flumotion.com/videos/MD/2019/04/Manual_MP005066-0031.mp4/playlist.m3u8

Día do Autismo.

“Tu mente interpreta el mundo de otra manera. Sientes y ves las cosas con una perspectiva única. Esto es lo que la hace tan magnífica.” Tina J Richardson.

Parabéns Aitana!!

Imagen
Non nos podemos esquecer de mencionar o aniversario da nosa alumna de Educación Infantil. Disfrutou moitísimo rodeada dos seus compañeiros e coa súa merecida coroa.

Semana da agua e da árbore.

Imagen

Chaveiros e rascas para o día do pai.

Imagen
Con estas orixinais manualidades os alumnos de Medeiros sorprenderon aos seus pais no día festivo dedicado a eles.

Desfile Infantil en Verín.

No Ceip de Medeiros mudamos as nosas vestimentas para dar vida ao mundo Harry Potter. Foi un acontecemento máxico, cheo de cor e felicidade. Os rapaces desfilaron por Verín con moito estilo.

UNHA OLLADA AO NOSO PASADO

Imagen
Agora que se fala tanto dos DEBERES podemos facer unha reflexión e intentar recordar.... Quizás alguén os recorde...

COMADRES- COMPADRES

Imagen
A CARREIRA FOI MOI DIVERTIVA... PERO QUEN GAÑOU ? Neste colexio gañamos tod@s... pois houbo risas para todos.

CHEGA O ENTROIDO

Imagen
Este curso as regras do MECO SON: 1- Algo no cabeza ... 2- Chic@ serás...         3- Artista... Este foi só o comenzo...                                                                   

DIPLOMA ACADADO

Imagen
Despois de dous días de diversión, compañerismo, deporte, facer novos amig@s...chegou o final.... 🎿. Pasámolo xenial, esperamos poder volver o curso que ven. MANZANEDA 2019.

MANZANEDA FEBREIRO 2019

Obradoiro dos Minimasterchefs.

No día da Paz non esquecimos o significado do compañerismo e o traballo en equipo. Os rapaces elaboraron as súas propias pizzas.🍕 Estaban boísimas!

Día da Paz.

Imagen
Os alumnos e alumnas lembraron a Gloria Fuertes no día da paz.Recitaron e decoraron o seu deseño.

Os electrecos.

Imagen
O luns tivemos a visita de Carlos cos “Electrecos” dos Bolechas. Disfrutaron moitísimo!

Proxecto da horta escolar.

Os alumnos apuntaron sesión tras sesión, os pasos para ter un horto fértil na escola. Hoxe representamos todo o traballado no noso diario. Esperamos ter un bo resultado nos nosos maceteiros. 👨🏻‍🌾👩🏼‍🌾

Visita ao castelo de Monterrei.

Hoxe disfrutamos dunha soleada saída pedagóxica xunto co alumnado do CRA ao Castelo de Monterrei.

Traballamos coas novas tecnoloxías.

Imagen
No Ceip de Medeiros non dubidamos en introducir as novas tecnoloxías no proceso de aprendizaxe. Os alumnos disfrutan do uso das tablets sen deixar de adquirir coñecementos.🤓📚📐📖

Parabéns Mateo!!

Imagen
Hoxe temos que felicitar a Mateo de Educación Infantil que cumpre 5 aniños!!! A que está moi guapo coa súa coroa ?🎂🎊🎉

Seguimos traballando no horto escolar.

Comezamos a trasplantar ao maceteiro, as nosas sementes.Grazas as ensinanzas de Víctor e o coidado semanal dos alumnos e alumnas do Ceip de Medeiros, podemos ter unha futura e boa colleita.

Tertulia dos muiñeiros e telexornal de Medeiros. NADAL 2018

Os rapaces tamén prepararon unhas pequenas e divertidas representacións teatrais no centro para o día do festival. TERTULIA DOS MUIÑEIROS TELEXORNAL DE MEDEIROS

Ensaio de”Pelo Roxiño”-NADAL2018

Este foi un dos ensaios da panxoliña que fixeron todos os alumnos e alumnas de Educación Primaria.

“Lotería de Nadal”

Esta foi a nosa versión do spot navideño por parte dos alumnos/as de Educación Primaria.

“El almendro” NADAL 2018

Spot navideño representado polos alumnos/a de Educación Primaria.

“As burbullas Freixenet” NADAL2018

As alumnas de Educación Primaria representaron no festival, esta versión da canción "Closer Tonight".

"Os indios tamborileiros"- NADAL 2018

Os alumnos de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria representaron esta actuación para os seus familiares. É importante amosar a súa ilusión e dedicación nesta orixinal panxoliña.