Entradas

Mostrando entradas de junio, 2021

UN APLAUSO HEROES E HEROÍNAS

Imagen
E chegou o 22 de xuño... Nun curso coma este, parece que cobra un especial significado. Agora podemos dicir ben alto que entre todos/as, conseguímolo! Toda a comunidade educativa comezamos este curso con incertidume, con preocupación, con medos, con toneladas de xel hidroalcóholico, con máscaras, con termómetro, con distancia de seguridade, con pegatinas e carteis que nos indicaban onde colocarnos e como actuar, con ventanas abertas, con festividades e reunións limitadas... en definitiva, con expectación e cautela hacia a nova situación que nos tocou vivir. Certo é, que hoxe, a 22 de xuño, conservamos intactas moitas destas novas rutinas, e posiblemente, tamén incertidume de cara ao futuro. Pero o que non podemos negar é que, neste curso 2020/2021, aprendemos moitas cousas: aprendemos a compartir na distancia (lonxe, pero sempre preto), aprendemos a darnos apertas e ánimo sen sequera tocarnos, aprendemos a sorrir cos ollos e a transmitir toda a nosa ilusión coa mirada, aprendemos que p