Entradas

Mostrando entradas de abril, 2021

O NOSO PARTICULAR SANT JORDI

Imagen
Boas familia! Como vos prometemos a semana pasada... Aquí está o noso segredo! Ademais de celebrar o "Día do libro" de forma tradicional, os maiores fixemos o noso particular Sant Jordi. E así, con flores e sentimentos enchemos o cole de alegría. Esperamos que vos guste moito!

DÍA DO LIBRO

Imagen
Hoxe, 23 de abril, é un día moi importante para nós, xa que vivimos rodeados de libros de todo tipo. Por este motivo quixemos conmemorar como é debido esta festividade. Os maiores fixemos carteis para todo o cole nos que explicabamos os milleiros de razóns polas que nos parece importante ler.  Os máis pequenos e pequenas convertéronse en auténticos escritores/as e despois compartiron cos seus compañeiros/as a lectura da súa obra. Tamén fixeron marcapáxinas e moitísimas máis actividades divertidas. Dende a Bibioteca Escolar fixéronnos propostas moi interesantes, e nós, que somos moi aplicados/as, levámolas a cabo. Entre todos/as creamos un libro viaxeiro no que cada un de nós explicou o que significaba un libro na súa vida. Esta obra tan nosa, viaxou e segue viaxando por todas as nosas casiñas e cando remate a súa travesía, atracará na nosa biblioteca. Tamén fixemos fotos co noso libro favorito, nas que por certo saímos ben guapas e guapos, para o mural que se vai converter nun anaquiño