Entradas

Mostrando entradas de enero, 2011

A NECRÓPOLE DE MEDEIROS

Imagen
NECRÓPOLE DE MEDEIROS En 1984, nos arredorres da capela de San Salvador da Roza en Medeiros (Monterrei), atopáronse uns sepulcros moi antigos. Foron atopados cando se arranxaba o adro e o camiño que leva á capela. Pouco despois, cando se soubo do seu valor, foron expostas ao público. No ano 2009 apareceron dous novos sepulcros. Os arqueólogos que as estudaron, dixeron que foron feitas entre o S. VI e o IX. Teñen diferentes formas: algunhas son rectangulares; outras teñen forma de persoa; algunhas parecen ser de nenos e outras de adultos. Unhas teñen símbolos que parecen letras, e tamén debuxos en relevo con forma de tridente. Os arqueólogos din que estes debuxos representan xente rezando. No ano 2009 houbo un roubo. Os ladróns levaron un dos sepulcros infantís. A Policía Autonómica investigou o roubo pero a peza nunca apareceu. A asociación ADEGA pediu que abriran un expediente que sancionara ao Concello de Monterrei polo abandono destes restos arqueolóxicos. En novembro de 2010 fomos