ENTROIDO 2021

Coma todos os anos, dende principios de febreiro, xa notabamos unha sensación rara no corpo... Que será? O Entroido bulindo dentro de nós! 💥💥💥💥

Nestas dúas últimas semanas, entregámonos a este sentimento tan noso.

Os máis pequenos e pequenas traballaron arreo a figura do Cigarrón e das máscaras, escoitaron cancións de Entroido e elaboraron pequenos complementos cos que darlle unha nota de cor a cada xornada. Foron indios e indias, ratiñas e ratiños, luciron máscaras cheas de abalorios, e mesmo diseñaron a súa propia carauta de Cigarrón.

Os máis maiores deixaron fluír toda a súa xenialidade e con diversos materiais e moito traballo, crearon máscaras de Peliqueiro de Laza, Pantalla de Xinzo de Limia, Boteiro de Viana do Bolo e Pita de Eiroás, coas que nos transportaron a outros Entroidos ancestrais da provincia de Ourense.

Coma en todas as celebracións, enchemos o cole de alegría e engalanámolo cos nosos sorrisos ocultos, que se converteron coma por arte de maxia no enigmático sorriso do Cigarrón. Aproveitamos para agradecerlle ao Concello de Verín, as máscaras que nos agasallaron e que case nos fan escoitar o son das chocas.

O Xoves de Compadres vestimos o primeiro disfraz deste Entroido tan peculiar.

O venres apareceu "O Meco" cos seus mandadiños para a seguinte semana. Nós, que somos obedientes e entroideiros, recibímolos con moita expectación.

Esta última semana foi unha tolemia: despeiteámonos, puxemos sombreiro, vestimos mandilón ou bata, disfrazámonos para celebrar o Xoves de Comadres, xogamos e hoxe, fomos ao cole en pixama.

En pixama queremos despedirnos, e deixar durmir a este Entroido no que non poderemos troulear nas rúas, pero animándovos a que festexedes nas vosas casas cada día dos que quedan por diante. E, desta forma, que nin pequenos/as nin maiores olvidemos que o Entroido está dentro de cada un de nós, latexando ao compás da nosa ilusión.

VIVA O ENTROIDO! 👏👏💖💖👏👏








































Comentarios

Silvia Guerra Prieto ha dicho que…
Non se pode explicar mellor un sentimento.
Sempre e un pracer leer este blogue. Parabens por un traballo impecable.
Unknown ha dicho que…
Guapisimos todos!!!!

Entradas populares de este blog

VÍDEO SAÚDO DOS PROFES DE MEDEIROS

FESTIVAL DE NADAL 18/12/2020