UN APLAUSO HEROES E HEROÍNAS

E chegou o 22 de xuño... Nun curso coma este, parece que cobra un especial significado. Agora podemos dicir ben alto que entre todos/as, conseguímolo!

Toda a comunidade educativa comezamos este curso con incertidume, con preocupación, con medos, con toneladas de xel hidroalcóholico, con máscaras, con termómetro, con distancia de seguridade, con pegatinas e carteis que nos indicaban onde colocarnos e como actuar, con ventanas abertas, con festividades e reunións limitadas... en definitiva, con expectación e cautela hacia a nova situación que nos tocou vivir.

Certo é, que hoxe, a 22 de xuño, conservamos intactas moitas destas novas rutinas, e posiblemente, tamén incertidume de cara ao futuro. Pero o que non podemos negar é que, neste curso 2020/2021, aprendemos moitas cousas: aprendemos a compartir na distancia (lonxe, pero sempre preto), aprendemos a darnos apertas e ánimo sen sequera tocarnos, aprendemos a sorrir cos ollos e a transmitir toda a nosa ilusión coa mirada, aprendemos que por moito que cambien as cousas, se temos ganas, podemos con todo. Aprendemos cousas tan importantes que moitas veces non están nos libros de texto...

Por iso, e porque o esforzo compartido deu os seus froitos, o persoal do CEIP de Medeiros, queremos dicirvos... GRAZAS!

Grazas familias! Por deixar os vosos tesouros máis prezados nas nosas mans, por estar sempre dispostos/as a colaborar en todo, por facer que todo fose sinxelo (iso ten un valor enorme, en especial nestes tempos), pola confianza que despositastes en nós, por desfrutar cos vosos/as fillos/as este camiño e darlles seguridade ao longo del. Por estar aí, no sentido máis amplo que se poida entender.

Grazas nenas e nenos! Por chegar ao cole coa ilusión intacta, pola comprensión e o respecto a todas as restriccións que nos tocaron, por tantas aprendizaxes académicas e sobre todo polas non académicas e tan importantes para a vida, por aprender a xogar doutro modo, polas toneladas de paciencia coa desinfección e os tempos de espera, por soportar coma campións as inclemencias do tempo coas fiestras abertas, pola felicidade que desprenden esas miradas, polas ganas que nos trasmitides cada día, por compartir con nós tanto amor e tantos momentos que se quedarán por sempre na nosa memoria.

E aos nosos graduados, que comezades unha nova etapa, desexarvos o mellor neste novo camiño. Seguide como ata agora e conseguiredes o que vos propoñades. Aquí vos estaremos esperando para o que faga falta, este sempre será o voso cole.

Se algo aprendemos neste "curso pandémico" é que os heroes e heroínas deste mundo, que tedes ao vosos pés, sodes vós pequenas e pequenos.

Desfrutade moitísimo das vacacións e o máis importante... QUE SEXADES MOI FELICES! Botarémosvos de menos!

Un milleiro de bicos para todos/as e... GRAZAS!







Comentarios

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021