Entradas

Poesía para todos

Imagen
Estes días o profesor de Lengua, Galego e Inglés mandounos aprender 3 poesías para recitar a todo o colexio. A nós gústanos moito este traballo, por que nos encanta a poesía; as súas rimas, as suas comparacións, as suas personificacións... As alumnas de 5º escollimos un libro de Antonio García Teijeiro titulado "As catro estacións". O noso poema favorito dese libro esta dedicado ó verán. Esperamos que vos guste... e que chegue pronto o bo tempo. O sol sol sol quentaba na horta. O sol sol sol queimaba na porta. O sol sol sol cabelos de ouro. O sol sol sol gardaba un tesouro. O sol sol sol O sol lacazán anuncia o Verán

Escuela de superheroes

Imagen
Piedra Sencilla es un niño muy curioso. Porque en su planeta todos son superheroes menos el. Pero en su planeta es el único que es capaz de enfrentarse a un gigante que los amenaza. Me gustó mucho porque Piedra Sencilla es el único de enfrentarse al gigante (ese de la foto de ahí al lado). Os lo recomiendo.

Unha contacontos moi especial

Imagen
O pasado 19 de outubro veu unha contacontos ó noso colexio. Chamábase Ana e contounos uns contos moi divertidos na biblioteca, pero o bo foi que todos nós participamos. Ademais, case ó final chegaron algúns compañeiros que deixaron o colexio o ano pasado, e tamén participaron. Os contos foron moi divertidos, pero tamén me ensinaron que as mulleres poden facer o mesmo ca os homes. Espero que se volva a repetir.

Pel de lobo

Imagen
Hola son Miriam, unha alumna de sexto do CEIP Medeiros. Os compañeiros que levaban este blog o ano pasado xa non están no cole. A ver se os de este ano somos quen de seguir con el. Empezo cun libro que me encantou. A ilustración é miña. Xose Miranda escribiu Pel de Lobo. O meu mestre leu o libro e a el gustoulle moito, e díxome que o collera que estaba moi ben. Empeceino a ler e estaba moi interesante. Un pai e o seu fillo andaban a cazar un lobo branco e outro lobo negro. O que máis me gustou foi a parte do libro onde o lobo os atacou, era impresionante. O pai do neno disparaba pero as balas rebotaban na súa pel dura. En fin, o libro e unha pasada, eu non me cansaría de lelo. Espero que Xose Miranda escriba mais libros coma ese. Eu xa lera Morning Star e tamén me encantara. Ei de buscar mais libros del.

Adeus amigos

Imagen
Decímosvos ola pero tamen adeus, este ano deixamos o colexio e despedímonos de todos vos despois de ler tantos libros e compartilos con vos. Os que máis nos gustaron, aínda que non vos contaramos nada deles son: Kika a aventureira , Moby Dick , El faro del fin del mundo , V einte mil leguas de viaje submarino , Relatos escalofriantes e moitos máis. Xa non temos nada máis que contarvos non porque queiramos, senon porque non temos tempo. Este blog continuarano o curso que ven os nosos compañeiros de 5º. Esperamos que disfrutarades moito e que sigades disfrutando de todos os libros que lestes e que vos quedan por ler. Un forte abrazo dos alumnos de 6º de primaria do curso 2006/2007.

Roald Dahl

Imagen
Este curso descubrimos a Roald Dahl porque vimos unhaa película baseada nun dos seus libros, "Charlie y la fabrica de chocolate" . Logo, o noso profesor axudounos a buscar máis libros del. Lemos "La maravillosa medicina de Jorge" e "Matilda". Gustáronnos polos seus personaxes, que sempre son nenos moi divertidos, travesos e listos. Os personaxes adoitan ter familias moi raras e peculiares, nas que eles son os máis intelixentes e sensibles.

Harry Potter e a pedra filosofal.

Imagen
"Harry Potter e a pedra filosofal" é un gran libro. Conta as historias dun rapaz que vive cos seus tíos, a súa unica familia. Na escola de Hogwarts de maxia e feiticería, prepárase para ser un gran mago e combatir ao seu inimigo Lort Voldermort. Acompáñano os seus amigos Ron, Hermione e moitos máis. A súa escritora J.K. Rowling convertiuse nunha persoa moi famosa. Os seus libros teñen un gran éxito por todo o mundo. A nos non nos extraña nadiña ese éxito, porque nos gustou moito. Fainos vivir as súas aventuras e intrigas como se fosen realidade.