Entradas

Tarxetas de nadal do COB

Imagen
A principios de decembro chegounos unha invitación do Club Ourense Baloncesto para participar nun concurso de tarxetas de Nadal. Cada neno fixo unha tarxeta que logo mandamos por correo. As tarxetas expuxéronse no Pazo de Deportes Paco Paz antes dun partido do COB. Non gañamos ningún premio, pero obsequiaronnos cunhas axendas. Aquí vos deixamos unha foto das tarxetas expostas no Pazo Paco Paz.

Nadal 2011

Imagen
Pouco antes de que chegara O Nadal, os alumnos de quinto, cuarto e sexto fixemos un belén no colexio. Costounos, pero mereceu a pena por que nos quedou moi ben. É parecido o do ano pasado, solo que este ano quedounos mellor. Por que o profesor de Educación Física, Jose fixo un mural moi chulo. Aqui tedes unhas fotos do belén.

Curso 2010-11

Imagen
Con algo de retraso, colgamos o video que Marcos, o mestre de música do curso pasado, montou con imaxes de todos nós e unha canción que compuxo Loli, a mestra de E.F. Sirva de recordo do seu paso polo cole, e tamén do de Nuria e Fátima. Que lles vaia ben onde queira que estén este curso. Quizais algún día os vexamos de novo.

Contacontos

Imagen
O pasado trimestre viñeron dúas mestras a contarnos uns contos con música. As cancións eran sobre animais: un can, un pito,un dinosaurio... A autora chamábase Susa Herrera. Todas as cancións veñen nun libro que se chama Animais encantados. O libro trae un disco e a letra das cancións. Aquí ao lado tedes a cuberta do libro. Elas cantaban e actuaban moi ben. Esperemos que veñan outra vez. Aquí vos deixo un video cunha actuación delas.

Abraham Carreiro

Imagen
Abraham veu o noso colexio a enseñarnos a debuxar máis facilmente, e para que nos guste esa afición, que é o seu traballo. Enseñounos unhas pinturas que se chaman pasteis secos, que cando lle pasas o dedo por enriba extenden o que pintaches. Tamén aprendimos a debuxar animais, e saíronnos a todos moi ben . Quedamos moi contentos. Cando buscamos informacion sobre el dímonos conta de que era fillo de Pepe Carreiro, o autor dos Bolechas e dos Barbanzóns. Podedes ver parte dos seus traballos no seu blog.

Fontes de Verín

Imagen
O outro día fomos a Verín a ver as fontes . Estuvemos en catro: a de Cabreiroá , a Fontenova, Sousas e a Fonte do Sapo. O día antes buscamos información sobre elas, e ao chegar alí explicámoslle aos nosos compañeiros o que averiguamos. Máis tarde probamos a auga. A que millor sabía era a de Sousas, e a peor a do Sapo.

OS CAMPEÓNS DE BAILE DEPORTIVO DE ESPAÑA

Imagen
O pasado día 14 de abril viñeron visitarnos os campeóns de España de baile deportivo, Patricia e Adrián . Cando chegaron, dixéronnos os tipos de bailes que había, e logo fixemos un xogo. Enseñáronnos a bailar Cha Cha Cha, e despois bailáronnos 3 bailes: Rockanrol, Salsa e Cha Cha Cha. Os profesores invitáronos a comer pero non puideron porque tiñan que ir a outro colexio. As rapazas pasámolo moi ben pero os rapaces estaban aburridos. Aos rapaces non lle gusta bailar.