Entradas

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2016

Imagen
Os máis pequenos contáronnos un conto de terror na  biblioteca Os alumnos de 1º, 2º e 3º fixeron un cómic chulísimo!! E as rapazas de 5º e 6º contáronnos relatos creados por elas así como rimas, que foron recopilados nun terrorífico libro. Tamén fixeron un photocall coas personaxes máis terroríficas de Samaín! Ademais fixemos un super póster de Halloween baseado na peli "The Nightmare before Christmas"   E por suposto non esquecemos o concurso de cabazas! Moi bo traballo, e parabéns aos gañadores!!! Ohhhhh!! Case esquezo o túnel!!!!! 
Imagen

Co Samaín chegaron as bruxas, os morcegos, os esqueletes,....e as cabazas!!

Imagen
Canto nos gusta esta festa!!! Fixem os un taller de decoración de cupcakes e algunha que outra lambonada con aires "terroríficos"; adornamos todo o colexio coas manualidades máis aterradoras; elaboramos distintas interpretacións das cabazas coa nosa familia; e ata fixemos un magnífico póster para completar o conxunto. Só faltaba a nosa aportación personal á festa, así q vestimos as nosas mellores galas!!! ....ah, e o noso traballo tivo premio: todos recibimos un diploma e un agasallo pola cabaza tallada q presentamos ao concurso!!!

Inicio de curso

carteis desfile infantil

Imagen
Como xa todos sabedes este ano volvemos a participar no desfile infantil do entroido de Verín e ademais somos o colexio que abre o desfile, polo tanto puxemos moito esmero en realizar os carteis para a publicidade do mesmo. Como xa sabíamos un do noso colexio ía ser o gañador, pero hai que dicir que tódolos membros do xurado nos deron a noraboa polo elevado nivel que había. Por iso decidiron expolos durante este tempo. Logo devolveránselle ós nenos/as. Moitas felicidades rapaces.

cousas do outono

Imagen
Aínda que xa estamos a pouco de que comece o inverno, traballamos cousiñas do outono que vos queremos amosar. Desexamos que vos gusten.