Fernando Alonso

Este non é o dos coches. Este naceu en Burgos no ano 1941. Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Madrid, foi colaborador de programas radiofónicos infantís en Radio Nacional de España, e obtivo o Premio Ondas no ano 1977. Tamén foi funcionario da Televisión Española, e ocupou o cargo de xefe na División de Investigación e Documentación de Programas Infantis e Xuvenís.

O seu primeiro libro foi “Feral y las cigueñas” no ano 1971, que foi declarado de interese infantil. Tamén escribiu outros como “El hombrecito vestido de gris”, “El faro del viento” ou “A bordo da gaivota”.


Feral y las cigüeñas

A mín, Sonia, gustoume moito o libro "Feral y las cigüeñas". Lino o ano pasado, e vai dun pobo ao que chegaran unhas cegoñas. Feral e outros nenos estaban tentando darlle cun tiracroios as cegoñas, e elas, como as estaban amolando, decidiron marcharse da aldea. Cando se foron as cegoñas, era o tema do que falaba todo o pobo. Como as cegoñas non volveron, Feral decidiu ir buscalas cando foi maior, e buscándoas pasáronlle moitas aventuras. E quen queira saber máis terá que lelo, pero enteiriño.


A bordo da Gaivota

A nós, María e Noelia, que somos as de 5º, o libro "A bordo da Gaivota" gustounos moito por que nos gustan os libros de mariñeiros e barcos. Gustounos moito cando a barca se
mergullaba no fondo do mar e lle traia regalos a Xoan e aos rapaces.

Este libro recomendámosvolo a todos os grandes, os pequenos e ata os anciáns, e dicir a todos os que lles guste ler. Así que xa sabedes, se vos gustan os contos de barcos e mariñeiros ídeo comprar ou ide a biblioteca para collelo. Espero que vos servan estes conselliños.


Comentarios

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021