Día do Libro, con retraso

Como todos os anos, este tamén celebramos o Día do Libro. Veunos visitar unha contacontos, e fixemos un mercadillo de libros.


A contacontos chamábase Sabela, e era unha actriz de teatro, dun grupo de teatro de Ourense chamado SARABELA. Contounos 3 contos moi divertidos nos que puidemos participar. Cando acabou, regalounos unha piruleta a cada un de nós.
No mercadillo facemos duas cousas: primeiro os rapaces e as rapazas traemos libros da casa que xa lemos e nos aburren, e despois cambiámolos por outros diferentes que trouxeron os demais rapaces e rapazas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021