Cristovo Colón

Ímosvos contar unha historia de Cristovo Colón que fixemos as de 5ºe 6º nun traballo de clase.

Cristovo Colón naceu en Xénova (Italia) hai mais de 500 anos, de pais tecedores, e tiña dous irmáns. Aos 14 anos apuntouse de grumete nun barco, viaxou polo Mediterraneo e Inglaterra onde foron atacados. Máis tarde apareceu en Lisboa (Portugal), onde casou e tivo un fillo.


Cristovo propúxolle ao Rei de Portugal unha nova ruta por mar para ir a India, pero eles non lle fan caso e expúlsano. Mórrelle a muller, e marcha co seu fillo a España. Despois de 6 anos de conversacións convence aos Reis Catolicos do seu plan, e éstes danlle tres naves: "La Pinta ", "La Niña"e "La Santa María". Saiu do porto de Palos, en Huelva. Entre os seus mariñeiros estaban os irmáns Pinzón

Cristovo fixo catro viaxes a America:

1ª viaxe: Primeiro chega a Canarias e semanas despois, o 12 de outubro de 1492, pisa terra na illa "San Salvador". De volta a España trouxeron ouro, café, patacas, plátanos, millo, tabaco... O rei Fernando 1º O Católico mándao de volta con 17 naves a por máis ouro.

2ª viaxe: Desembarca na illa "La Española". Alí os indios destruiran o forte, e tivo que crear unha nova cidade, A Isabela. Cristovo volta con ouro, indios e papagaios. Ao chegar, a raíña non queria os indios e o rei quería máis ouro, e mándao a outra viaxe.

3ª viaxe: Cando chegou a "La Española" todos estaban pelexados. O rei mandou un xuíz, e Colón e os seus dous irmáns foron arrestados e enviados de regreso a España.´Ao final, o rei devolveulle as riquezas e os títulos, e logo dun tempo mandoulle que chegara a India antes que Portugal.


4ª viaxe: Foi un desastre, perdeu barcos, non trouxo ouro, e dende aquela non lle fixeron máis caso e morreu no olvido o 20 de maio de 1506.

Comentarios

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021