DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Hoxe, no "Día da Paz e a Non Violencia", caeunos enriba unha treboada ateigada de  pingas de cores e bos sentimentos.

Neste mes de xaneiro, adicámonos a traballar arreo para concienciarnos da importancia do día de hoxe. Aprendemos a escribir "paz" en moitas linguas diferentes, lemos e escribimos poemas, coñecemos a simboloxía relacionada con este día (pombas, símbolo da paz...) e o máis importante, procuramos aplicalo á nosa vida diaria.

Dende o CEIP de Medeiros, queremos desexarvos que este ano vos enchoupedes destas pingas de bos sentimentos que saíron do corazón dos nosos alumnos e alumnas: amizade, respeto, axuda, armonía, paciencia, amor, alegría, perdón, igualdade, abrazos (oxalá volvan pronto) e corazón, sempre o máis esencial.

Recordemos hoxe dúas citas de Mahatma Gandhi:

"No hay camino para la paz, la paz es el camino". 

"El amor es la fuerza más humilde, pero la más poderosa de que dispone el mundo".

Que importante recordalo sempre, e especialmente nos tempos que corren.















Comentarios

Entradas populares de este blog

VÍDEO SAÚDO DOS PROFES DE MEDEIROS

FESTIVAL DE NADAL 18/12/2020