OUTONO/ MAGOSTO 12/11/2020

Un vento temperado, días de sol e choiva, momento de sacar os abrigos do armario... Que ocorre? Chegou o outono ao CEIP de Medeiros!

Non atopamos mellor forma de darlle a benvida que celebrando o Magosto. Un Magosto no que o cheiro das castañas asadas no lume o tivemos que imaxinar...pero comer, comémolas!

Unha vez que tiñamos o bandullo cheo e o cole decorado coma os grandes artistas que somos, tocounos troulear. Xogamos a infinidade de cousas diferentes, descubrindo que podemos compartir momentos sen nin sequera tocarnos e co noso xel sempre pretiño, que non nos impediu que seguísemos desfrutando coma só nós sabemos, coma nenas e nenos.




































Comentarios

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021