BENVIDOS AO CURSO 2020/2021


Benvidos ao blogue "Os leóns de Medeiros" neste curso 2020/2021.

Ao longo de todo o ano académico iremos publicando todo aquilo que sexa de interese para a comunidade educativa, pedindo desculpas de antemán pola demora na posta en marcha, provocada fundamentalmente polo complexo momento que estamos a vivir.

Polo motivo citado e dada a peculiaridade da situación; dende o CEIP de Medeiros enviámosvos moito ánimo e pedímosvos que afrontedes este curso ao igual ca nós, con mirada de nenos e nenas, mantendo as ganas e a ilusión intactas; xa que, "Todas as persoas maiores fomos  ao principio nenos, aínda que poucos de nós o recordemos" (Antoine de Saint- Exupéry).

Ogallá cada día da semana poidamos esquecernos, aínda que sexa un anaquiño, da realidade e vivir no "noso mundo", ese mundo tan particular, e tan noso.

Comentarios

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021