VISITA AO CASTELO DE MONTERREI

Imos a contarvos un segredo... os nenos e nenas do CEIP de Medeiros e do CRA de Monterrei, recibimos o 2º premio  do "6º Concurso de beléns do Concello de Monterrei".

Puxémonos tan ledos ao recibir a noticia que decidimos ir ver o belén á Oficina de Turismo de Monterrei.

Unha vez que estabamos alí, aproveitamos para ver auténticas obras de arte en madeira e para coñecer con maior profundidade o castelo e a súa historia. Tamén brincamos cos xogos que nos tiñan preparados e subimos á torre máis alta (22 metros!).

Foi unha xornada moi divertida e na que, coma sempre, nos portamos como auténticos campións e campionas.

Non queremos rematar esta entrada sen felicitar á "Asociación de Mulleres Rurais 25 de Xullo" de Albarellos, polo seu merecido 1º premio.

👏👏👏👏👏👏👏











































Comentarios

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021