VISITA DE PAPÁ NOEL

Papá Noel visitou o noso cole... Non o podíamos crer! 

E debemos ser moi moi boíños/as, porque nos deixou a todos/as unha riquísima bolsa de larpeiradas. Tamén falou con nós, e ata nos permitiu facer unha foto con el! Dende aquí queremos darlle moitas grazas por facer unha viaxe tan, tan longa para reunirse con nós.

Foi un día moi especial! Non traballamos nadiña...😜😜😜😜 e divertímonos un montón! Debuxamos, xogamos, vimos unha película, tivemos un menú especial de Nadal, fixemos unha chea de fotos e mesmo se nos permitiu romper as nosas burbullas cinco minutiños para poder abrazar aos nosos irmáns e irmás (Ollo! Só os irmáns e irmás).

E agora... Vacacións! Merecidas vacacións!

Só nos queda desexarvos unhas moi felices festas a todos e todas! 💃💃💃





































Comentarios

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021