Entradas

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Imagen
Hoxe, no "Día da Paz e a Non Violencia", caeunos enriba unha treboada ateigada de  pingas de cores e bos sentimentos. Neste mes de xaneiro, adicámonos a traballar arreo para concienciarnos da importancia do día de hoxe. Aprendemos a escribir "paz" en moitas linguas diferentes, lemos e escribimos poemas, coñecemos a simboloxía relacionada con este día (pombas, símbolo da paz...) e o máis importante, procuramos aplicalo á nosa vida diaria. Dende o CEIP de Medeiros, queremos desexarvos que este ano vos enchoupedes destas pingas de bos sentimentos que saíron do corazón dos nosos alumnos e alumnas: amizade, respeto, axuda, armonía, paciencia, amor, alegría, perdón, igualdade, abrazos (oxalá volvan pronto) e corazón, sempre o máis esencial. Recordemos hoxe dúas citas de Mahatma Gandhi: "No hay camino para la paz, la paz es el camino".  "El amor es la fuerza más humilde, pero la más poderosa de que dispone el mundo". Que importante recordalo sempre, e e...

GRAZAS!

Imagen
Todo o persoal do CEIP de Medeiros, queremos desexarvos un moi bo Nadal, un feliz aninovo e que o Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos veñan cargados de agasallos e especialmente de saúde e felicidade. Non queríamos despedirnos sen dar as grazas de forma moi especial ás familias do noso alumnado. Sabemos que é unha situación complicada, que vos acompañou a incertidume e en moitas ocasións o medo; que vos tivestes que adaptar a novas normas e o cole tal e como o coñecíades, cambiou. Entendémosvos, porque nós sentimos o mesmo. Pero xuntos recorremos este camiño de tres meses, adaptándonos a esta "nova normalidade" que nos tocou vivir. Grazas por estar aí, por apoiarnos e por compartir con nós tantos momentos; aínda que sexa a distancia. E como non, rematamos dando as grazas ao noso alumnado por ser tan marabilloso. Grazas por contaxiarnos a vosa alegría, enerxía e vitalidade. Grazas por axudarnos a entender que a "nova normalidade" pode ser tan boa coma a anterior se ...

VISITA DE PAPÁ NOEL

Imagen
Papá Noel visitou o noso cole... Non o podíamos crer!  E debemos ser moi moi boíños/as, porque nos deixou a todos/as unha riquísima bolsa de larpeiradas. Tamén falou con nós, e ata nos permitiu facer unha foto con el! Dende aquí queremos darlle moitas grazas por facer unha viaxe tan, tan longa para reunirse con nós. Foi un día moi especial! Non traballamos nadiña...😜😜😜😜 e divertímonos un montón! Debuxamos, xogamos, vimos unha película, tivemos un menú especial de Nadal, fixemos unha chea de fotos e mesmo se nos permitiu romper as nosas burbullas cinco minutiños para poder abrazar aos nosos irmáns e irmás (Ollo! Só os irmáns e irmás). E agora... Vacacións! Merecidas vacacións! Só nos queda desexarvos unhas moi felices festas a todos e todas! 💃💃💃

1º PREMIO DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO CONCELLO DE MONTERREI

Imagen
Queremos felicitar públicamente á nosa alumna Candela, de 5º de Educación Primaria, polo seu 1º premio no concurso de postais de Nadal do concello de Monterrei. Eres unha gran artista! Segue a traballar e a esforzarte tanto coma ti sabes. Parabéns Candela, merécelo! Estamos moi orgullosos de ti. 👏👏👏👏👏