Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2009

Os maios

Imagen
Como todos os anos, este tamén celebramos a festa dos Maios, e dicir, o final do inverno e achegada da primavera. Outros anos temos feito un maio auténtico, con xestas, musgo, acacias, carrabouxos e flores, pero este fixémolo de cartulina, e decorámolo con flores de seda violeta, naranxas de cartulina, unha cruz e follas de goma eva, follas de verdade e estrellas de cartulina arrugada. Aquí o tedes, cun pouco de retraso, iso sí...

Fantasmas no corredor

Imagen
Ola, eu son Miguel, estou en terceiro, e esta é a primeira vez que escribo no blog. Collín este libro porque mo recomendou o meu profesor. Lino e gustoume, porque unha nena que se chamaba Mariña tiña a súa habitacion nun lado da casa e o baño noutra esquina da casa. Entón, para ir ao baño tiña que cruzar todo o salón e no salón había fantasmas. Pero a nena como era tan valente cruzaba o salón todas as noites.

Monstruos y seres fantásticos.

Imagen
Ola, chámome Ana é estou en 4º de primaria. Collín este libro porque ao velo, algo me dixo que me ía encantar. Ten todo o que eu quería saber sobre os gnomos, os trols, as fadas, os trasnos..., e ademais moitas sorpresas dentro: cartas, mapas, dragóns desplegables... Este libro gustoume moito, conta cantidade de historias do mundo fantástico.