Entradas

Mostrando entradas de abril, 2010

O día do libro

Imagen
No noso colexio, para celebrar o día do libro, imos ver unha pelíc ula chamada Donkey Xote que esta basada na novela Don Quijote de la Mancha, que foi escrita por Miguel de Cervantes. Tamén imos deseñar un libro sobre Don Quijote de la Mancha. Cada ciclo con distinta dificultade, e ademais un marcador que van facer as maiores. Pero, sabedes porque se celebra nesta data o Día do libro? Ímosvolo explicar: O Día do libro celébrase o 23 de abril porque ese mesmo día de 1616 morreu Cervantes, o escritor que escribiu a novela máis reconocida do mundo, "Don Quijote de la Mancha". Ademais, coincidiu que ese mesmo día dese mesmo ano, morreu Shakespeare, o escritor máss importante en lingua inglesa. Vaia conicidencia!

Imos a piscina!

Imagen
Este ano coa nova profesora de E.F imos os de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º a piscina. Estamos facendo un cursiño para aprender a nadar. Ao final do cursiño case sempre os que se portaron ben poden xogar ou tirarse. Os de 2º e 3º van os mércores. En cambio, os de 4º 5º e 6º vamos os venres. Hai un monitor que nos da consellos para nadar mellor, pero non só aprendemos a nadar senon tamén a bucear ¡E mola mogollón! Cada día aprendemos máis e máis. Tendes que animarvos a vir ¡E moi divertido!

MULLERES TRABALLADORAS

Imagen
O día 8 de marzo celébrase o Día da muller traballadora, e celébrase xusto nesa data porque hai moitos anos un montón de mulleres rusas foron ao palacio dos que mandaban no seu país a protestarlle pola escaseza de alimentos que facía pasar fame ás súas familias. Tamén porque nese mesmo día de 1909 , nunha fábrica de Estados Unidos arderon unhas 200 e pico mulleres que protestaban polas súas durísimas condicións de traballo. Nós, no C.E.I.P de Medeiros fixemos algúns traballiños sobre o asunto. Os de infantil buscaron fotos de mulleres que traballan en oficios que normalmente son de homes. Os de 2ºe 3º buscaron mulleres deportistas. Por exemplo, Nadia Comanecci que con só 14 anos, conseguiu por primeira vez a puntuación perfecta (un 10), nunhas olimpiadas. Os de 4º, 5ºe 6º buscamos información mulleres compositoras co profesor de música. Por exemplo, Ana María Mozart que tiña o mesmo talento ca seu irmán, o Mozart famoso, pero que por ser muller non se lle recoñeceu. E aínda por enriba