Entradas

Mostrando entradas de junio, 2009

Caligramas

Imagen
Esta semana estuvemos probando a facer caligramas. Xa sabedes, poesía con forma de debuxos. Algúns son poemas, outros adiviñas e outras veces saíron debuxos con poesías dentro, pero o caso era xogar un pouco coas palabras. Aquí vos quedan.






Cristovo Colón

Imagen
Ímosvos contar unha historia de Cristovo Colón que fixemos as de 5ºe 6º nun traballo de clase.
Cristovo Colón naceu en Xénova (Italia) hai mais de 500 anos, de pais tecedores, e tiña dous irmáns. Aos 14 anos apuntouse de grumete nun barco, viaxou polo Mediterraneo e Inglaterra onde foron atacados. Máis tarde apareceu en Lisboa (Portugal), onde casou e tivo un fillo.

Cristovo propúxolle ao Rei de Portugal unha nova ruta por mar para ir a India, pero eles non lle fan caso e expúlsano. Mórrelle a muller, e marcha co seu fillo a España. Despois de 6 anos de conversacións convence aos Reis Catolicos do seu plan, e éstes danlle tres naves: "La Pinta ", "La Niña"e "La Santa María". Saiu do porto de Palos, en Huelva. Entre os seus mariñeiros estaban os irmáns Pinzón Cristovo fixo catro viaxes a America: 1ª viaxe: Primeiro chega a Canarias e semanas despois, o 12 de outubro de 1492, pisa terra na illa "San Salvador". De volta a España trouxeron ouro, café, …