Entradas

Mostrando entradas de enero, 2020

Aniversario de Aroha!!!

Imagen
O pasado día 27 a nosa amiga Aroha estivo de aniversario!
Xa fixo 9 anazos!
Pasámolo en grande. Tróuxonos golosinas a todos e tamén unha tarta deliciosa que papamos despois de comer! Non quedou nadiña dela!!!





Vén para Medeiros - Videoclip

Aquí vos presentamos o videoclip creado pola profe Lidia!! Esperamos que o disfrutedes

O Nadal na nosa escola!!

Imagen
Na nosa escola tamén celebramos o Nadal na compaña de Papá Noel a quen lle pedimos moitos desexos, e de quen tamén recibimos moito agarimo e regalos!!!

Realizamos un Festival no que bailamos, cantamos e o pasamos en grande!!

Despois tamén tivemos un xantar de Nadal no que disfrutamos moito e enchemos os nosos bandullos!!!





















Excursión de Curtas en Verín!!!

Imagen
Velaquí as fotos da excursión a Verín para presenciar as diversas "curtas"!!!
Que gran experciencia!!!









VÍDEO


Carteo cos rapaces do CRA de Monterrei

Imagen
Os rapaces do noso colexio escribiron e decoraron cartas para enviarlle aos do CRA de Monterrei nun buzón que lles levou a profesora Susana.

Posteriormente os alumnos do CRA responderán aos nosos con escritos e debuxos!!















Magosto!!!

Imagen
Este Magosto pasámolo xenial!!! Despois do traballo chegou o día e preparáronnos unha busca do tesouro. Tivemos que seguir pistas por todo o cole; na biblio, no patio, na aula de infantil, na de música, no salón de actos e na de inglés. Xuntamos todas as pistas (letras) ata que formamos unha palabra: trompo!!! Ese era o tesouro!!! Un trompo para cada un que despois decoramos o noso gusto e probamos. Pasou como os pementos de padrón: uns bailaban e outros non!!!Pero todo é práctica!!!Cando rematamos tivemos que repoñer forzas.... vaia paparota!!!!E de postre... castañas, como non!!! Contamos cunhas castiñeiras de primeira! E para rematar xogos populares e un circuito con castaña no lombo incluido.