Entradas

Mostrando entradas de 2020

GRAZAS!

Imagen
Todo o persoal do CEIP de Medeiros, queremos desexarvos un moi bo Nadal, un feliz aninovo e que o Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos veñan cargados de agasallos e especialmente de saúde e felicidade. Non queríamos despedirnos sen dar as grazas de forma moi especial ás familias do noso alumnado. Sabemos que é unha situación complicada, que vos acompañou a incertidume e en moitas ocasións o medo; que vos tivestes que adaptar a novas normas e o cole tal e como o coñecíades, cambiou. Entendémosvos, porque nós sentimos o mesmo. Pero xuntos recorremos este camiño de tres meses, adaptándonos a esta "nova normalidade" que nos tocou vivir. Grazas por estar aí, por apoiarnos e por compartir con nós tantos momentos; aínda que sexa a distancia. E como non, rematamos dando as grazas ao noso alumnado por ser tan marabilloso. Grazas por contaxiarnos a vosa alegría, enerxía e vitalidade. Grazas por axudarnos a entender que a "nova normalidade" pode ser tan boa coma a anterior se

VISITA DE PAPÁ NOEL

Imagen
Papá Noel visitou o noso cole... Non o podíamos crer!  E debemos ser moi moi boíños/as, porque nos deixou a todos/as unha riquísima bolsa de larpeiradas. Tamén falou con nós, e ata nos permitiu facer unha foto con el! Dende aquí queremos darlle moitas grazas por facer unha viaxe tan, tan longa para reunirse con nós. Foi un día moi especial! Non traballamos nadiña...😜😜😜😜 e divertímonos un montón! Debuxamos, xogamos, vimos unha película, tivemos un menú especial de Nadal, fixemos unha chea de fotos e mesmo se nos permitiu romper as nosas burbullas cinco minutiños para poder abrazar aos nosos irmáns e irmás (Ollo! Só os irmáns e irmás). E agora... Vacacións! Merecidas vacacións! Só nos queda desexarvos unhas moi felices festas a todos e todas! 💃💃💃

1º PREMIO DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO CONCELLO DE MONTERREI

Imagen
Queremos felicitar públicamente á nosa alumna Candela, de 5º de Educación Primaria, polo seu 1º premio no concurso de postais de Nadal do concello de Monterrei. Eres unha gran artista! Segue a traballar e a esforzarte tanto coma ti sabes. Parabéns Candela, merécelo! Estamos moi orgullosos de ti. 👏👏👏👏👏

NADAL

Imagen
A principios de decembro algo comezou a cambiar no cole... De súpeto as portas transformáronse, a nosa árbore caéronlle as follas de outono e saíronlle boliñas e cintas de cores, ao noso mural desaparecéronlle os esquíos e coma por arte de maxia... Convertéronse en renos! Na entrada apareceu o Belén cos seus Reis Magos; tamén Papá Noel e un dos seus renos; e como non, o noso Apalpador coa súa pipa. Mesmo fomos ao cole nevando! Nós, non puidemos facer outra cousa que converternos en artífices de toda esta maxia e traballar arreo coa nosa ilusión como ferramenta. Fixemos múltiples manualidades e decoracións; cantamos, bailamos e escoitamos bonitas historias de Nadal; escribimos cartas con desexos para a humanidade e algún que outro regaliño... e metémolas no noso "Peto dos desexos", para que misteriosamente alguén as recolla e todo o que soñamos se faga realidade. Aquí vos deixamos parte da nosa ilusión para que a poidades compartir con nós!