FESTIVAL!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
As rapazas de 5º e 6º foron moi profesionais facendo de presentadoras. Presentamos aos de Infantil coa canción "Na casa da miña avoa" Como nos dixo Raquel, os alumnos de 1º 2º e 3º interpretaron cunha coreografía xenial a canción "Lindo Cascabel" A continuación , despois de que María impuxese silencio, as maiores do cole bailaron e cantaron a canción "All I Want For Christmas Is You" E agora, 1º 2º e 3º de novo, pero cunha canción en inglés "Jingle Bells" Como colofón final, a versión de "Duele el Corazón" de Enrique Iglesias, titulada " Santa Claus xa está a chegar". Atent@s tod@ á letra. Escachamos coa risa!!! E por suposto, a divertida despedida e agradecementos das nosas presentadoras! O CEIP de Medeieros agarda que o pasarades moi ben. E BO NADAL! HO HO HO