Entradas

Mostrando entradas de 2012

Día do libro, 2012

O pasado 23 de abril celebramos o Día do libro. Fixemos un par de actividades: montamos unha exposición de libros de contos clásicos e, logo, veu un contacontos á biblioteca. Aqui vos deixamos un video da exposición. Fixémola nós sós!

Letras Galegas 2012

Imagen
Buscando na web encontramos varias actividades relativas ao Día das Letras Galegas. Esta dunhas nenas do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo gustounos moito              E este é un repaso á súa vida feito polos rapaces do IES Fontexería de Muros Valentín Paz-Andrade

Cómo facer un futbolín

Imagen
Para o Día do Pai os alumnos de cuarto, quinto e sexto regalámoslle un futbolín. Aqui vos deixamos as instruccións por se vos animades a facelo: Materiais : Papel de cores, tesoiras, plastilina, alquil, unha caixa de cartón, catro agullas de ferro de tecer, pallas, unha regra, un rotulador e dous escudos dos vosos equipos favoritos. Preparación : 1.Forrar a caixa con papel de cores. 2.Facer as porterías coas pallas. 3.Pintar as liñas cun rotulador 4.Moldear con plastilina os xogadores e a pelota. 5.Pulverizar os xogadores con alquil. 6.Cando os xogadores esten secos, atravesámolos coas agullas e unímolos co outro lateral da caixa. 7.Pegar os escudos nos laterais da caixa.

El pequeño Nicolás

Imagen
Aínda que non sexamos as primeiras que fagamos unha entrada sobre este libro, queremos contarvos as aventuras deste rapaz. Este neno e a súa pandilla son moi trastes, sempre armando leas e máis leas. Alcestes, o mellor amigo de Nicolás, sempre esta comendo; Agnan caelle un pouco mal aos rapaces porque é o ollo dereito da profe; dos demais, Nicolás non fala moito, pero participan das aventuras. Gustannos moito os libro de Nicolás, porque nos encantan os libros de aventuras. Aquí vos deixamos o trailer da película que fixeron o ano pasado coas súas andanzas.

ENTROIDO 2012

Imagen
O pasado mes de febreiro os nenos e nenas do colexio de Medeiros celebramos o entroido. Disfrazámonos, e anduvemos polas rúas de Medeiros regalando caramelos, tirando serpentinas etc. Pasámolo moi ben. Nesa mesma semana celebramos o día das comadres e a anterior o dos compadres. Ese día pasámolo tamén moi ben, porque os compadres agochánlles as mochilas as comadres e despois ao revés. Nesta zona da provincia de Ourense celebramos por todo o alto o entroido. Non poderiamos vivir sen el. Todos os anos facemos o mesmo pero cada ano pasamolo mellor.

O OUTONO

Imagen
Este ano os nenos/as de infantil trouxeron botes de Actimel e de iogures. Fixérono para facer unhas setas coas que dar a benvida ao outono. Para facelo, empregaron pintura roxa e tamén pintura branca. As nenas e nenos de infantil pintáronas e colocáronas no corredor que leva ao comedor. Quedoulles moi chulo.

Tarxetas de nadal do COB

Imagen
A principios de decembro chegounos unha invitación do Club Ourense Baloncesto para participar nun concurso de tarxetas de Nadal. Cada neno fixo unha tarxeta que logo mandamos por correo. As tarxetas expuxéronse no Pazo de Deportes Paco Paz antes dun partido do COB. Non gañamos ningún premio, pero obsequiaronnos cunhas axendas. Aquí vos deixamos unha foto das tarxetas expostas no Pazo Paco Paz.

Nadal 2011

Imagen
Pouco antes de que chegara O Nadal, os alumnos de quinto, cuarto e sexto fixemos un belén no colexio. Costounos, pero mereceu a pena por que nos quedou moi ben. É parecido o do ano pasado, solo que este ano quedounos mellor. Por que o profesor de Educación Física, Jose fixo un mural moi chulo. Aqui tedes unhas fotos do belén.

Curso 2010-11

Imagen
Con algo de retraso, colgamos o video que Marcos, o mestre de música do curso pasado, montou con imaxes de todos nós e unha canción que compuxo Loli, a mestra de E.F. Sirva de recordo do seu paso polo cole, e tamén do de Nuria e Fátima. Que lles vaia ben onde queira que estén este curso. Quizais algún día os vexamos de novo.

Contacontos

Imagen
O pasado trimestre viñeron dúas mestras a contarnos uns contos con música. As cancións eran sobre animais: un can, un pito,un dinosaurio... A autora chamábase Susa Herrera. Todas as cancións veñen nun libro que se chama Animais encantados. O libro trae un disco e a letra das cancións. Aquí ao lado tedes a cuberta do libro. Elas cantaban e actuaban moi ben. Esperemos que veñan outra vez. Aquí vos deixo un video cunha actuación delas.