Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2009

Novedades da biblioteca

Imagen
Ola outra vez, somos as rapazas de 5º e 6º. Ímosvos contar as últimas novidades da biblioteca do colexio de Medeiros. Empezamos por contarvos o concurso de mascotas. Votamos todo o colexio para decidir cal ía ser a mascota da bibiloteca. Gañou a dunha rapaza de 6º que se chama Sonia. Griffi é como se chama a mascota, que é unha mezcla de aguia e león. Como sabedes é un animal mitolóxico.






Agora vouvos falar duns carnets que fixeron os profes para os usuarios da bibiloteca. Sen estes carnets non podemos cambiar os libros da biblioteca aínda que os teñamos listos para cambiar. Nunha esquina, o carnet leva a Griffi, a mascota que debuxou Sonia. A partires de agora ninguén poderá esquecerse del.

Entroidos de Galicia

Imagen
Os rapaces de 5ª e 6ª fixemos un traballo sobre os diferentes entroidos de Galicia. Estes tres témolos moi preto:

- O entroido de Laza. A súa máscara é a dos peliqueiros, e as súas celebracións son: a farrapada, as formigas e as cachuchas.
- En Verín a máscara é o cigarrón. Eles botanlle fariña á xente que pasa polo seu lado, e danlle latigazos.
- Os de Xinzo de Limia, chámanlle pantalla a súa mascara. Logo fan mecos, e un mes antes do entroido celebran o domingo fareleiro, o corredoiro e o oleiro. É tradición facer pagar unha ronda de viño a quen non vaia disfrazado.

Pero tamén atopamos información doutros entroidos que se celebran en toda Galicia.
En Maceda os Felos son a alma da festa, e desfilan por toda a vila. En Vilariño de Conso son tradicionais os Boteiros, e as rapazas de alí roubanlle a roupa aos rapaces. Os Irrios desfilan por Castro Caldelas, e os Vergalleiros en Sarreaus. Hai moitos máis, a ver se os descubrides pola vosa conta. A nós encántanos o entroido, é a nosa festa f…