Entradas

Mostrando entradas de 2010

POSTER SOBRE COIDAR O MEDIO AMBIENTE

Imagen

O Señor Océano

Imagen
Miguel e Alba, alumnos de quinto, queren ensinarvos un traballo de. Fixeron un debuxo sobre un tal Señor Océano, e vannos mostrar uns cantos paragrafos que escribiron sobre el:


Alba:
O Señor Océano éenorme e xa cumpriu moitos anos. Na súa casa habitan unha morea de fillos, netos e bisnetos e tataranetos. Ten moito xenio e cando se enfada empeza a berrar e rompe o que se lle pon por diante. Cando está de bo humor xoga cos nenos na praia, pero cando quere facer exercicio érguese e xoga cos barcos. Miguel:Don Océano é moi vello. Hai millóns de anos que na súa casa habitan unha morea de netos diferentes: José, Aarón, Iván, Ana, etc... Cando ten ganas de facer exercicio erguesé e xoga cos barcos. En cambio, cando está tranquilo todo o mundo pode xogar con el. Ten moi mal xenio, e rompe todo o que ten diante.

Agustin Fernández Paz

Imagen
Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba en 1947.

Cando era neno non habia television na súa casa, entón contábanse contos na lareira, cando era inverno, e na porta da casa no verán. Ademais, o seu pai, carpinteiro e músico, animábao a ler os seus libros, unhas 50 ou 60 novelas que tiña na casa. Gustáballe moito Julio Verne.

De mozo, na escola, gustáballe moito escribir tebeos, contos, redaccións…

Cando era mestre en Mugardos, escribiulle unha novela en galego aos seus alumnos, porque daquela non había textos en galego axeitados para nenos. Logo foi profesor nun instituto de Vigo.
Foi dos primeiros en escribir libros de texto en galego, traballando cun grupo de compañeiros de profesión.

O seu primeiro libro foi As flores radiactivas, que gañou o Premio Merlín. Co seu segundo libro, Contos por palabras, conseguiu o premio Lazarillo, a primeira vez que o gañaba un libro en galego. Eses dous premios animárono a seguir escribindo.

Hoxe en día, é un dos autores galegos que máis libros vende. Este …

Donde viven los monstruos

Imagen
Ola nenos qué tal estades? Hai uns días vimos unha peli que se chama "Donde viven los monstruos". A película era un pouco triste e ao mesmo tempo tamén divertida. está baseada nun libro do mesmo título, ainda que non son exactamente iguais. Recomendámosvos a película porque sabemos que o ides pasar moi ben véndoa.

Imos contarvos un pouco de que vai:
Conta a historia de Max, un neno moi intelixente, incomprendido e rebelde, que foxe de casa tras unha forte discusión coa súa nai. Pero no é unha fuxida calquera, pois Max intérnase nun bosque misterioso creado pola súa propia imaxinación. o seu obxectivo: chegar á terra das Cousas Salvaxes, un lugar onde poderá facer travesuras para sempre.

Esperamos que vos guste.

Imos de excursión a Orense!

Imagen
O día 29 de abril fomos todo o colexio de excursión a Orense.
Ao chegar fomos ver a Catedral, que é preciosa. Tiña marcas dos albaneis que a fixeron.
Tamén fomos ver as charquiñas do Outariz. Para ir as charquiñas fomos montados nun trenciño, que iba moi a modo. Ao chegar as charquiñas fomos dar un pequeno paseo por alí. As primeiras charquiñas eran un pouco sosas pero indo mais para adiante foron mais bonitas. Tiñan céspede , un bar, tendas e unhas pedras grandes moi bonitas.
O único problema das charquiñas é que algunhas son moi frías e outras moi quentes. A ventaxa é que son curativas.

O día do libro

Imagen
No noso colexio, para celebrar o día do libro, imos ver unha película chamada Donkey Xote que esta basada na novela Don Quijote de la Mancha, que foi escrita por Miguel de Cervantes. Tamén imos deseñar un libro sobre Don Quijote de la Mancha. Cada ciclo con distinta dificultade, e ademais un marcador que van facer as maiores.

Pero, sabedes porque se celebra nesta data o Día do libro? Ímosvolo explicar:

O Día do libro celébrase o 23 de abril porque ese mesmo día de 1616 morreu Cervantes, o escritor que escribiu a novela máis reconocida do mundo, "Don Quijote de la Mancha". Ademais, coincidiu que ese mesmo día dese mesmo ano, morreu Shakespeare, o escritor máss importante en lingua inglesa. Vaia conicidencia!

Imos a piscina!

Imagen
Este ano coa nova profesora de E.F imos os de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º a piscina. Estamos facendo un cursiño para aprender a nadar. Ao final do cursiño case sempre os que se portaron ben poden xogar ou tirarse. Os de 2º e 3º van os mércores. En cambio, os de 4º 5º e 6º vamos os venres. Hai un monitor que nos da consellos para nadar mellor, pero non só aprendemos a nadar senon tamén a bucear ¡E mola mogollón! Cada día aprendemos máis e máis. Tendes que animarvos a vir ¡E moi divertido!

MULLERES TRABALLADORAS

Imagen
O día 8 de marzo celébrase o Día da muller traballadora, e celébrase xusto nesa data porque hai moitos anos un montón de mulleres rusas foron ao palacio dos que mandaban no seu país a protestarlle pola escaseza de alimentos que facía pasar fame ás súas familias. Tamén porque nese mesmo día de 1909 , nunha fábrica de Estados Unidos arderon unhas 200 e pico mulleres que protestaban polas súas durísimas condicións de traballo. Nós, no C.E.I.P de Medeiros fixemos algúns traballiños sobre o asunto.

Os de infantil buscaron fotos de mulleres que traballan en oficios que normalmente son de homes.

Os de 2ºe 3º buscaron mulleres deportistas. Por exemplo, Nadia Comanecci que con só 14 anos, conseguiu por primeira vez a puntuación perfecta (un 10), nunhas olimpiadas.
Os de 4º, 5ºe 6º buscamos información mulleres compositoras co profesor de música. Por exemplo, Ana María Mozart que tiña o mesmo talento ca seu irmán, o Mozart famoso, pero que por ser muller non se lle recoñeceu. E aínda por enriba …

Traballos de inglés

Imagen
Ola. En cada tema do noso libro de inglés estudamos un vocabulario diferente. Os alumnos de 4º, 5º e 6º, fixemos uns cantos debuxos que agora vos vamos mostrar. Estes teñen que ver coa familia.




Na segunda unidade, o vocabulario tivo que ver coa comida, e nós fixemos unhas cantas poesías en inglés con ese tema:


Clases de break dance na biblioteca

Imagen
O 28 de xaneiro veunos visitar ao cole un rapaz que practicaba break dance. Primeiro, a nosa profe de E.F. explicounos onde naceu o break e en que consiste, e despois púxonos uns cantos videos. Logo, el, que se chamaba Miguel, bailounos un pouquiño, pero a verdade é que era agotador e deixouno enseguida. El díxonos que fixéramos uns cantos pasos fáciles e nos dixémoslle que non, pero Loli, a profe de E.F. mandounos bailar. Participou todo o colexio menos os profes. A verdade é que foi moi guai e moi divertido. A min gustaríame que volvese, para poder velo bailar, e nós volver a participar.

Estas son algunhas das opinións dos meus compañeiros:

Thais: “Gústome moito, xa que nos enseñou pasos fáciles, e algúns difíciles. Tiña que vir mais veces o colexio para ensiñarnos o Hip Hop”.

Alba: “A min gustoume moito o que fixo Miguel. As volteretas que fixo a min gustáronme moito, e non sei como puido facer iso. Quedamos todos asombrados, e ademais non sei como non rompeu unha man”.

Miguel: “A min,…

Las aventuras del pequeño Nicolás

Imagen
Ola a todos. Vouvos recomendar un libro que me aconsellou un dos meus profes. Titúlase "Las vacaciones de pequeño Nicolás", e vouvos contar un pouco de que vai.

Nicolás é un rapaz de entre sete e oito anos.Ten moitos amigos, con eles e con seus pais ocórrenlle moitas aventuras. Vouvos contar unha delas. Por exemplo, o día que lle deron a súa primeira paga semanal e non sabía en que gastala. Ata que un día os seus amigos lle deron unha idea: que comprara chocolate para todos. El comprou unha tableta e compartiuna con seus amigos.


Eu lin tres libros da serie: "Las vacaciones del pequeño Nicolás" , "Los recreos del pequeño Nicolás" e, por último, "Joaquin tiene problemas". O que máis me gustou foi "Las vacaciones del pequeño Nicolás".


A min gústanme os libros do pequeno Nicolás porque cada vez as aventuras son máis sorprendentes e mais bonitas. Ata agora só había tres na biblioteca, pero agora compraron outros dous máis novos.