Entradas

Mostrando entradas de 2009

Caligramas

Imagen
Esta semana estuvemos probando a facer caligramas. Xa sabedes, poesía con forma de debuxos. Algúns son poemas, outros adiviñas e outras veces saíron debuxos con poesías dentro, pero o caso era xogar un pouco coas palabras. Aquí vos quedan.

Cristovo Colón

Imagen
Ímosvos contar unha historia de Cristovo Colón que fixemos as de 5ºe 6º nun traballo de clase. Cristovo Colón naceu en Xénova (Italia) hai mais de 500 anos, de pais tecedores, e tiña dous irmáns. Aos 14 anos apuntouse de grumete nun barco, viaxou polo Mediterraneo e Inglaterra onde foron atacados. Máis tarde apareceu en Lisboa (Portugal), onde casou e tivo un fillo. Cristovo propúxolle ao Rei de Portugal unha nova ruta por mar para ir a India, pero eles non lle fan caso e expúlsano. Mórrelle a muller, e marcha co seu fillo a España. Despois de 6 anos de conversacións convence aos Reis Catolicos do seu plan, e éstes danlle tres naves: "La Pinta ", "La Niña"e "La Santa María". Saiu do porto de Palos, en Huelva. Entre os seus mariñeiros estaban os irmáns Pinzón Cristovo fixo catro viaxes a America: 1ª viaxe: Primeiro chega a Canarias e semanas despois, o 12 de outubro de 1492, pisa terra na illa "San Salvador". De volta a España trouxeron ouro, café

Os maios

Imagen
Como todos os anos, este tamén celebramos a festa dos Maios, e dicir, o final do inverno e achegada da primavera. Outros anos temos feito un maio auténtico, con xestas, musgo, acacias, carrabouxos e flores, pero este fixémolo de cartulina, e decorámolo con flores de seda violeta, naranxas de cartulina, unha cruz e follas de goma eva, follas de verdade e estrellas de cartulina arrugada. Aquí o tedes, cun pouco de retraso, iso sí...

Fantasmas no corredor

Imagen
Ola, eu son Miguel, estou en terceiro, e esta é a primeira vez que escribo no blog. Collín este libro porque mo recomendou o meu profesor. Lino e gustoume, porque unha nena que se chamaba Mariña tiña a súa habitacion nun lado da casa e o baño noutra esquina da casa. Entón, para ir ao baño tiña que cruzar todo o salón e no salón había fantasmas. Pero a nena como era tan valente cruzaba o salón todas as noites.

Monstruos y seres fantásticos.

Imagen
Ola, chámome Ana é estou en 4º de primaria. Collín este libro porque ao velo, algo me dixo que me ía encantar. Ten todo o que eu quería saber sobre os gnomos, os trols, as fadas, os trasnos..., e ademais moitas sorpresas dentro: cartas, mapas, dragóns desplegables... Este libro gustoume moito, conta cantidade de historias do mundo fantástico.

O selo maneiro.

Imagen
Parece que este mes amigo dos libros non deixamos de agradecer agasallos e premios. O último, e non por iso o menos importante, é a entrada na categoría dos blogs maneiros por conta dos nosos veciños e dos nosos amigos A Ponte Vella, que nos permite exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”. As normas que hai que cumprir son as seguintes: - Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio. - Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros. - Comunicar o premio aos blogues seleccionados. - Publicar as regras. - Comprobar que os blogues premiados seguen as normas. Por desgraza so atopamos 5, pero seguiremos buscando máis. UN RATO NA BIBLIOTECA A BIBLIOTECA DO CEIP DE PAZOS BIBLIOCHISPI -C.E.I.P. A LAXE-MARÍN COLEXIO DE CERVO BIBLIOBLOGREBOREDA

Día do Libro, con retraso

Imagen
Como todos os anos, este tamén celebramos o Día do Libro. Veunos visitar unha contacontos, e fixemos un mercadillo de libros. A contacontos chamábase Sabela, e era unha actriz de teatro, dun grupo de teatro de Ourense chamado SARABELA. Contounos 3 contos moi divertidos nos que puidemos participar. Cando acabou, regalounos unha piruleta a cada un de nós. No mercadillo facemos duas cousas: primeiro os rapaces e as rapazas traemos libros da casa que xa lemos e nos aburren, e despois cambiámolos por outros diferentes que trouxeron os demais rapaces e rapazas.

Saímos no periódico!!

Imagen
Ei, aquí! Somos nos os do periódico! Somos nos os que facemos o blog de os leóns de medeiros. Somos poucos, pero levámonos moi ben, e como podedes ver nestas fotos que sairon en La Región, tamén facemos moitas actividades á parte de estudar.

Un agasallo máxico

Imagen
Sempre é agradable volver e atoparse cun regalo. Neste caso os amigos de Castro de Baronceli agasállannos co Selo Violeta. “O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico". Estas son as regras: Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras. Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo. Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso! Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter. Pois tamén son Blogs Violeta: UN RATO NA BIBLIOTECA A PONTE VELLA FELICES LECTURAS A maxía co que soñamos acotío é con poder unir cada lector con ese libro que agarda misteriosamente por ese lector na biblioteca.

Fernando Alonso

Imagen
Este non é o dos coches. Este naceu en Burgos no ano 1941. Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Madrid, foi colaborador de programas radiofónicos infantís en Radio Nacional de España, e obtivo o Premio Ondas no ano 1977. Tamén foi funcionario da Televisión Española, e ocupou o cargo de xefe na División de Investigación e Documentación de Programas Infantis e Xuvenís. O seu primeiro libro foi “Feral y las cigueñas” no ano 1971, que foi declarado de interese infantil. Tamén escribiu outros como “El hombrecito vestido de gris”, “El faro del viento” ou “A bordo da gaivota”. Feral y las cigüeñas A mín, Sonia, gustoume moito o libro "Feral y las cigüeñas". Lino o ano pasado, e vai dun pobo ao que chegaran unhas cegoñas. Feral e outros nenos estaban tentando darlle cun tiracroios as cegoñas, e elas, como as estaban amolando, decidiron marcharse da aldea. Cando se foron as cegoñas, era o tema do que falaba todo o pobo. Como as cegoñas non volveron, Feral decidiu ir

Amancio amigo e o Meigo de Salamanca

Imagen
Collín este libro porque me chamou moito a atención a súa portada, con ese titulo tan misterioso. Vouvos contar un pouco de que vai. Amancio era un rapaz que estaba namorado dunha rapaza chamada Susana. Él estaba nunha clase de informática, e de súpeto apareceulle unha mensaxe no seu ordenador que dicía: “Queres vir comigo as covas de Salamanca?” El respondeulle que llo tiña que comentar ao seu pai. Máis tarde o profesor, que en realidade era un meigo, levouno onda o seu pai. Este deixouno ir e Amancio foise ás covas co meigo. Alí había unha man e un robot. Como el era o máis listo da clase, o meigo mandoulle facer tres probas, e se non as resolvía quedaría alí para sempre. A min gustoume este libro porque era moi emocionante. Había moitas cousas sen resolver que ao final se resolveron, e un amor que ao final si que é aceptado.

Novedades da biblioteca

Imagen
Ola outra vez, somos as rapazas de 5º e 6º. Ímosvos contar as últimas novidades da biblioteca do colexio de Medeiros. Empezamos por contarvos o concurso de mascotas. Votamos todo o colexio para decidir cal ía ser a mascota da bibiloteca. Gañou a dunha rapaza de 6º que se chama Sonia. Griffi é como se chama a mascota, que é unha mezcla de aguia e león. Como sabedes é un animal mitolóxico. Agora vouvos falar duns carnets que fixeron os profes para os usuarios da bibiloteca. Sen estes carnets non podemos cambiar os libros da biblioteca aínda que os teñamos listos para cambiar. Nunha esquina, o carnet leva a Griffi, a mascota que debuxou Sonia. A partires de agora ninguén poderá esquecerse del.

Entroidos de Galicia

Imagen
Os rapaces de 5ª e 6ª fixemos un traballo sobre os diferentes entroidos de Galicia. Estes tres témolos moi preto: - O entroido de Laza. A súa máscara é a dos peliqueiros, e as súas celebracións son: a farrapada, as formigas e as cachuchas. - En Verín a máscara é o cigarrón. Eles botanlle fariña á xente que pasa polo seu lado, e danlle latigazos. - Os de Xinzo de Limia, chámanlle pantalla a súa mascara. Logo fan mecos, e un mes antes do entroido celebran o domingo fareleiro, o corredoiro e o oleiro. É tradición facer pagar unha ronda de viño a quen non vaia disfrazado. Pero tamén atopamos información doutros entroidos que se celebran en toda Galicia. En Maceda os Felos son a alma da festa, e desfilan por toda a vila. En Vilariño de Conso son tradicionais os Boteiros, e as rapazas de alí roubanlle a roupa aos rapaces. Os Irrios desfilan por Castro Caldelas, e os Vergalleiros en Sarreaus. Hai moitos máis, a ver se os descubrides pola vosa conta. A nós encántanos o entroido, é a nosa f

Poesía para todos

Imagen
Estes días o profesor de Lengua, Galego e Inglés mandounos aprender 3 poesías para recitar a todo o colexio. A nós gústanos moito este traballo, por que nos encanta a poesía; as súas rimas, as suas comparacións, as suas personificacións... As alumnas de 5º escollimos un libro de Antonio García Teijeiro titulado "As catro estacións". O noso poema favorito dese libro esta dedicado ó verán. Esperamos que vos guste... e que chegue pronto o bo tempo. O sol sol sol quentaba na horta. O sol sol sol queimaba na porta. O sol sol sol cabelos de ouro. O sol sol sol gardaba un tesouro. O sol sol sol O sol lacazán anuncia o Verán