Entradas

Mostrando entradas de enero, 2019

Obradoiro dos Minimasterchefs.

No día da Paz non esquecimos o significado do compañerismo e o traballo en equipo. Os rapaces elaboraron as súas propias pizzas.🍕 Estaban boísimas!

Día da Paz.

Imagen
Os alumnos e alumnas lembraron a Gloria Fuertes no día da paz.Recitaron e decoraron o seu deseño.

Os electrecos.

Imagen
O luns tivemos a visita de Carlos cos “Electrecos” dos Bolechas. Disfrutaron moitísimo!

Proxecto da horta escolar.

Os alumnos apuntaron sesión tras sesión, os pasos para ter un horto fértil na escola. Hoxe representamos todo o traballado no noso diario. Esperamos ter un bo resultado nos nosos maceteiros. 👨🏻‍🌾👩🏼‍🌾

Visita ao castelo de Monterrei.

Hoxe disfrutamos dunha soleada saída pedagóxica xunto co alumnado do CRA ao Castelo de Monterrei.

Traballamos coas novas tecnoloxías.

Imagen
No Ceip de Medeiros non dubidamos en introducir as novas tecnoloxías no proceso de aprendizaxe. Os alumnos disfrutan do uso das tablets sen deixar de adquirir coñecementos.🤓📚📐📖

Parabéns Mateo!!

Imagen
Hoxe temos que felicitar a Mateo de Educación Infantil que cumpre 5 aniños!!! A que está moi guapo coa súa coroa ?🎂🎊🎉

Seguimos traballando no horto escolar.

Comezamos a trasplantar ao maceteiro, as nosas sementes.Grazas as ensinanzas de Víctor e o coidado semanal dos alumnos e alumnas do Ceip de Medeiros, podemos ter unha futura e boa colleita.

Tertulia dos muiñeiros e telexornal de Medeiros. NADAL 2018

Os rapaces tamén prepararon unhas pequenas e divertidas representacións teatrais no centro para o día do festival. TERTULIA DOS MUIÑEIROS TELEXORNAL DE MEDEIROS

Ensaio de”Pelo Roxiño”-NADAL2018

Este foi un dos ensaios da panxoliña que fixeron todos os alumnos e alumnas de Educación Primaria.

“Lotería de Nadal”

Esta foi a nosa versión do spot navideño por parte dos alumnos/as de Educación Primaria.

“El almendro” NADAL 2018

Spot navideño representado polos alumnos/a de Educación Primaria.

“As burbullas Freixenet” NADAL2018

As alumnas de Educación Primaria representaron no festival, esta versión da canción "Closer Tonight".

"Os indios tamborileiros"- NADAL 2018

Os alumnos de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria representaron esta actuación para os seus familiares. É importante amosar a súa ilusión e dedicación nesta orixinal panxoliña.