Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25/11/2020

Imagen
Onte no "Día mundial contra a violencia de xénero" o noso alumnado estivo a concienciarse desta lacra social e da necesidade da súa erradicación. Entre todos fixemos un mural. Os  nosos peques de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria, aportaron as súas mans pintando con diversas técnicas. Os maiores, escribiron mensaxes decoradas expoñendo o seu pensamento e mostrando a súa repulsa á violencia. Os peques, tamén escoitaron o conto "Artur e Clementina" que lles leu a súa mestra. Despois fixeron diversas actividades con estas tartarugas, das que aprendemos que debemos perseguir os nosos soños e non deixar que ninguén nos diga o que debemos pensar, facer ou sentir.

OUTONO/ MAGOSTO 12/11/2020

Imagen
Un vento temperado, días de sol e choiva, momento de sacar os abrigos do armario... Que ocorre? Chegou o outono ao CEIP de Medeiros! Non atopamos mellor forma de darlle a benvida que celebrando o Magosto. Un Magosto no que o cheiro das castañas asadas no lume o tivemos que imaxinar...pero comer, comémolas! Unha vez que tiñamos o bandullo cheo e o cole decorado coma os grandes artistas que somos, tocounos troulear. Xogamos a infinidade de cousas diferentes, descubrindo que podemos compartir momentos sen nin sequera tocarnos e co noso xel sempre pretiño, que non nos impediu que seguísemos desfrutando coma só nós sabemos, coma nenas e nenos.

SAMAÍN/ HALLOWEEN 30/10/2020

Imagen
Momento de feitizos e meigas, de esqueletes (coma o noso Abel) e zombies que se levantan para visitarnos no día do Samaín. Día de "truco ou trato?", de larpeiradas, de disfraces e de moito, moito medo... Día de Halloween. Para nós día de emocións, de decoracións terroríficas, de xogos no patio e actividades diversas e divertidas á par que medorentas na aula, de merendas compartidas na nosa distancia de seguridade e sobre todo de risas... que non hai máscara que as poida roubar.