Entradas

Mostrando entradas de junio, 2010

Agustin Fernández Paz

Imagen
Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba en 1947. Cando era neno non habia television na súa casa, entón contábanse contos na lareira, cando era inverno, e na porta da casa no verán. Ademais, o seu pai, carpinteiro e músico, animábao a ler os seus libros, unhas 50 ou 60 novelas que tiña na casa. Gustáballe moito Julio Verne. De mozo, na escola, gustáballe moito escribir tebeos, contos, redaccións… Cando era mestre en Mugardos, escribiulle unha novela en galego aos seus alumnos, porque daquela non había textos en galego axeitados para nenos. Logo foi profesor nun instituto de Vigo. Foi dos primeiros en escribir libros de texto en galego, traballando cun grupo de compañeiros de profesión. O seu primeiro libro foi As flores radiactivas, que gañou o Premio Merlín. Co seu segundo libro, Contos por palabras, conseguiu o premio Lazarillo, a primeira vez que o gañaba un libro en galego. Eses dous premios animárono a seguir escribindo. Hoxe en día, é un dos autores galegos que máis libros vende