Entradas

Mostrando entradas de 2014

carteis desfile infantil

Imagen
Como xa todos sabedes este ano volvemos a participar no desfile infantil do entroido de Verín e ademais somos o colexio que abre o desfile, polo tanto puxemos moito esmero en realizar os carteis para a publicidade do mesmo. Como xa sabíamos un do noso colexio ía ser o gañador, pero hai que dicir que tódolos membros do xurado nos deron a noraboa polo elevado nivel que había. Por iso decidiron expolos durante este tempo. Logo devolveránselle ós nenos/as. Moitas felicidades rapaces.

cousas do outono

Imagen
Aínda que xa estamos a pouco de que comece o inverno, traballamos cousiñas do outono que vos queremos amosar. Desexamos que vos gusten.

magosto 2014

Imagen
O venres día 7 de novembro celebrámola festa do magosto. Fíxose un gran festaza que non podería ser posible se non fose pola axuda de Bina, Aniceto e compañía. Para que poidades disfrutar dela tanto como fixemos nós aquí vos deixamos uns vídeos. Grazas a todos.

magosto 4

Imagen

magosto3

Imagen

magosto2

Imagen

magosto1

Imagen

magosto

Imagen

samaín 0001

Imagen
O xoves 30 de outubro celebrámola festa do Samaín. Ante todo darvos as grazas porque todos os nenos trouxeron cabazas para preparalas ese día. Ademáis do vaciado e adornado das mesmas tanto os nenos de infantil coma os de primaria fixeron cadanseu baile e para rematar fixemos un conxuro. Para que disfrutedes de todo isto aquí vos deixamos uns vídeos.

Samain 1

Imagen

Samain 2

Imagen

Samaín

Imagen

saída ó auditorio

Imagen
O mércores 29 de outubro fomos de visita ó auditorio a Ourense a ver a obra de teatro: Antía, Wamba e o regato pequeno. Foi moi divertida e a verdade é que todos disfrutaron moito. ¡Mirade, mirade.......!                                                                                                               

cousiñas de plástica

Imagen
Dende que iniciou o curso estamos a facer con eles pequenas manualidades e tamén murais que decoran o colexio. Algunhas destas xa as foron levando para a casa. Aquí vos deixamos unha mostra delas.

CURSO 2014/2015

Imagen
Neste novo curso 2014/2015 queremos poñer de novo en funcionamento o blog do colexio, pero non coma un blog de biblioteca, senon como un blog de toda a comunidade educativa donde poidades ver todas as cousas que facemos cos vosos fillos/as. Xa temos moitas cousas que vos amosar que iremos pondo nestes días. Esperemos que disfrutedes delas tanto coma nós.