Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2012

Cómo facer un futbolín

Imagen
Para o Día do Pai os alumnos de cuarto, quinto e sexto regalámoslle un futbolín.
Aqui vos deixamos as instruccións por se vos animades a facelo:

Materiais:
Papel de cores, tesoiras, plastilina, alquil, unha caixa de cartón, catro agullas de ferro de tecer, pallas, unha regra, un rotulador e dous escudos dos vosos equipos favoritos.

Preparación:
1.Forrar a caixa con papel de cores.
2.Facer as porterías coas pallas.
3.Pintar as liñas cun rotulador
4.Moldear con plastilina os xogadores e a pelota.
5.Pulverizar os xogadores con alquil.
6.Cando os xogadores esten secos, atravesámolos coas agullas e unímolos co outro lateral da caixa.
7.Pegar os escudos nos laterais da caixa.


El pequeño Nicolás

Imagen
Aínda que non sexamos as primeiras que fagamos unha entrada sobre este libro, queremos contarvos as aventuras deste rapaz.
Este neno e a súa pandilla son moi trastes, sempre armando leas e máis leas. Alcestes, o mellor amigo de Nicolás, sempre esta comendo; Agnan caelle un pouco mal aos rapaces porque é o ollo dereito da profe; dos demais, Nicolás non fala moito, pero participan das aventuras.
Gustannos moito os libro de Nicolás, porque nos encantan os libros de aventuras. Aquí vos deixamos o trailer da película que fixeron o ano pasado coas súas andanzas.

ENTROIDO 2012

Imagen
O pasado mes de febreiro os nenos e nenas do colexio de Medeiros celebramos o entroido. Disfrazámonos, e anduvemos polas rúas de Medeiros regalando caramelos, tirando serpentinas etc. Pasámolo moi ben.

Nesa mesma semana celebramos o día das comadres e a anterior o dos compadres. Ese día pasámolo tamén moi ben, porque os compadres agochánlles as mochilas as comadres e despois ao revés.

Nesta zona da provincia de Ourense celebramos por todo o alto o entroido. Non poderiamos vivir sen el. Todos os anos facemos o mesmo pero cada ano pasamolo mellor.


O OUTONO

Imagen
Este ano os nenos/as de infantil trouxeron botes de Actimel e de iogures. Fixérono para facer unhas setas coas que dar a benvida ao outono. Para facelo, empregaron pintura roxa e tamén pintura branca. As nenas e nenos de infantil pintáronas e colocáronas no corredor que leva ao comedor. Quedoulles moi chulo.