Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2010

Clases de break dance na biblioteca

Imagen
O 28 de xaneiro veunos visitar ao cole un rapaz que practicaba break dance . Primeiro, a nosa profe de E.F. explicounos onde naceu o break e en que consiste, e despois púxonos uns cantos videos. Logo, el, que se chamaba Miguel, bailounos un pouquiño, pero a verdade é que era agotador e deixouno enseguida. El díxonos que fixéramos uns cantos pasos fáciles e nos dixémoslle que non, pero Loli, a profe de E.F. mandounos bailar. Participou todo o colexio menos os profes. A verdade é que foi moi guai e moi divertido. A min gustaríame que volvese, para poder velo bailar, e nós volver a participar. Estas son algunhas das opinións dos meus compañeiros: Thais: “Gústome moito, xa que nos enseñou pasos fáciles, e algúns difíciles. Tiña que v ir mais veces o colexio para ensiñarnos o Hip Hop”. Alba: “A min gustoume moito o que fixo Miguel. As volteretas que fixo a min gustáronme moito, e non sei como puido facer iso. Quedamos todos asombrados, e ademais non sei como non rompeu unha man”. Miguel: “A

Las aventuras del pequeño Nicolás

Imagen
Ola a todos. Vouvos recomendar un libro que me aconsellou un dos meus profes. Titúlase "Las vacaciones de pequeño Nicolás", e vouvos contar un pouco de que vai. Nicolás é un rapaz de entre sete e oito anos.Ten moitos amigos, con eles e con seus pais ocórrenlle moitas aventuras. Vouvos contar unha delas. Por exemplo, o día que lle deron a súa primeira paga semanal e non sabía en que gastala. Ata que un día os seus amigos lle deron unha idea: que comprara chocolate para todos. El comprou unha tableta e compartiuna con seus amigos. Eu lin tres libros da serie: "Las vacaciones del pequeño Nicolás" , "Los recreos del pequeño Nicolás" e, por último, "Joaquin tiene problemas". O que máis me gustou foi "Las vacaciones del pequeño Nicolás". A min gústanme os libros do pequeno Nicolás porque cada vez as aventuras son máis sorprendentes e mais bonitas. Ata agora só había tres na biblioteca, pero agora compraron outros dous máis novos.