Entradas

Mostrando entradas de 2007

Adeus amigos

Imagen
Decímosvos ola pero tamen adeus, este ano deixamos o colexio e despedímonos de todos vos despois de ler tantos libros e compartilos con vos. Os que máis nos gustaron, aínda que non vos contaramos nada deles son: Kika a aventureira, Moby Dick, El faro del fin del mundo, Veinte mil leguas de viaje submarino, Relatos escalofriantes e moitos máis. Xa non temos nada máis que contarvos non porque queiramos, senon porque non temos tempo. Este blog continuarano o curso que ven os nosos compañeiros de 5º. Esperamos que disfrutarades moito e que sigades disfrutando de todos os libros que lestes e que vos quedan por ler. Un forte abrazo dos alumnos de 6º de primaria do curso 2006/2007.

Roald Dahl

Imagen
Este curso descubrimos a Roald Dahl porque vimos unhaa película baseada nun dos seus libros, "Charlie y la fabrica de chocolate" .
Logo, o noso profesor axudounos a buscar máis libros del. Lemos "La maravillosa medicina de Jorge" e "Matilda". Gustáronnos polos seus personaxes, que sempre son nenos moi divertidos, travesos e listos. Os personaxes adoitan ter familias moi raras e peculiares, nas que eles son os máis intelixentes e sensibles.

Harry Potter e a pedra filosofal.

Imagen
"Harry Potter e a pedra filosofal" é un gran libro. Conta as historias dun rapaz que vive cos seus tíos, a súa unica familia. Na escola de Hogwarts de maxia e feiticería, prepárase para ser un gran mago e combatir ao seu inimigo Lort Voldermort. Acompáñano os seus amigos Ron, Hermione e moitos máis.
A súa escritora J.K. Rowling convertiuse nunha persoa moi famosa. Os seus libros teñen un gran éxito por todo o mundo. A nos non nos extraña nadiña ese éxito, porque nos gustou moito. Fainos vivir as súas aventuras e intrigas como se fosen realidade.

Benvidos

Imagen
Ola, somos os alumnos de 6º de primaria do colexio de Medeiros. Decidimos crear un blog de libros para compartir o noso gusto por eles.

O primeiro libro do que vos queremos falar é Morning Starde Xosé Miranda, porque nos gustou moito a todos. O libro é moi emociónante, e Lourenzo Tasende (o protagonista) vive moitas aventuras cunha panda de ladróns que andan na busca dun tesouro. Este libro recórdanos moito a La isla del tesoro, un dos nosos favoritos. Recomendámosvos que o leades, se queredes pasar un bo rato. A nós a parte que máis nos gustou foi cando atracaron a casa do cura.

Saúdos. Esperamos as vosas respostas.