Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2010

Donde viven los monstruos

Imagen
Ola nenos qué tal estades? Hai uns días vimos unha peli que se chama "Donde viven los monstruos". A película era un pouco triste e ao mesmo tempo tamén divertida. está baseada nun libro do mesmo título, ainda que non son exactamente iguais. Recomendámosvos a película porque sabemos que o ides pasar moi ben véndoa.

Imos contarvos un pouco de que vai:
Conta a historia de Max, un neno moi intelixente, incomprendido e rebelde, que foxe de casa tras unha forte discusión coa súa nai. Pero no é unha fuxida calquera, pois Max intérnase nun bosque misterioso creado pola súa propia imaxinación. o seu obxectivo: chegar á terra das Cousas Salvaxes, un lugar onde poderá facer travesuras para sempre.

Esperamos que vos guste.

Imos de excursión a Orense!

Imagen
O día 29 de abril fomos todo o colexio de excursión a Orense.
Ao chegar fomos ver a Catedral, que é preciosa. Tiña marcas dos albaneis que a fixeron.
Tamén fomos ver as charquiñas do Outariz. Para ir as charquiñas fomos montados nun trenciño, que iba moi a modo. Ao chegar as charquiñas fomos dar un pequeno paseo por alí. As primeiras charquiñas eran un pouco sosas pero indo mais para adiante foron mais bonitas. Tiñan céspede , un bar, tendas e unhas pedras grandes moi bonitas.
O único problema das charquiñas é que algunhas son moi frías e outras moi quentes. A ventaxa é que son curativas.