A NECRÓPOLE DE MEDEIROS
NECRÓPOLE DE MEDEIROS En 1984, nos arredorres da capela de San Salvador da Roza en Medeiros (Monterrei), atopáronse uns sepulcros moi antigos. Foron atopados cando se arranxaba o adro e o camiño que leva á capela. Pouco despois, cando se soubo do seu valor, foron expostas ao público. No ano 2009 apareceron dous novos sepulcros. Os arqueólogos que as estudaron, dixeron que foron feitas entre o S. VI e o IX. Teñen diferentes formas: algunhas son rectangulares; outras teñen forma de persoa; algunhas parecen ser de nenos e outras de adultos. Unhas teñen símbolos que parecen letras, e tamén debuxos en relevo con forma de tridente. Os arqueólogos din que estes debuxos representan xente rezando. No ano 2009 houbo un roubo. Os ladróns levaron un dos sepulcros infantís. A Policía Autonómica investigou o roubo pero a peza nunca apareceu. A asociación ADEGA pediu que abriran un expediente que sancionara ao Concello de Monterrei polo abandono destes restos arqueolóxicos. En novembro de 2010 fomos ...