Esta semana, Beatriz veu dende Santiago a explicarnos como fabrican as abellas o mel. Tamén nos ensinou o traxe que levan os apicultures. Si, a que está debaixo do traxe é María!! Por último, probamos un mel riquísimo, que levamos de agasallo para casa, e Beatriz tamén nos regalou globos para xogar no recreo. Moitas grazas pola túa visita!