DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25/11/2020

Onte no "Día mundial contra a violencia de xénero" o noso alumnado estivo a concienciarse desta lacra social e da necesidade da súa erradicación. Entre todos fixemos un mural. Os nosos peques de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria, aportaron as súas mans pintando con diversas técnicas. Os maiores, escribiron mensaxes decoradas expoñendo o seu pensamento e mostrando a súa repulsa á violencia. Os peques, tamén escoitaron o conto "Artur e Clementina" que lles leu a súa mestra. Despois fixeron diversas actividades con estas tartarugas, das que aprendemos que debemos perseguir os nosos soños e non deixar que ninguén nos diga o que debemos pensar, facer ou sentir.