viernes, 23 de marzo de 2007

Benvidos


Ola, somos os alumnos de 6º de primaria do colexio de Medeiros. Decidimos crear un blog de libros para compartir o noso gusto por eles.


O primeiro libro do que vos queremos falar é Morning Star de Xosé Miranda, porque nos gustou moito a todos. O libro é moi emociónante, e Lourenzo Tasende (o protagonista) vive moitas aventuras cunha panda de ladróns que andan na busca dun tesouro. Este libro recórdanos moito a La isla del tesoro, un dos nosos favoritos. Recomendámosvos que o leades, se queredes pasar un bo rato. A nós a parte que máis nos gustou foi cando atracaron a casa do cura.


Saúdos. Esperamos as vosas respostas.

No hay comentarios: