Poesía para todos



Estes días o profesor de Lengua, Galego e Inglés mandounos aprender 3 poesías para recitar a todo o colexio. A nós gústanos moito este traballo, por que nos encanta a poesía; as súas rimas, as suas comparacións, as suas personificacións... As alumnas de 5º escollimos un libro de Antonio García Teijeiro titulado "As catro estacións". O noso poema favorito dese libro esta dedicado ó verán. Esperamos que vos guste... e que chegue pronto o bo tempo.



O sol sol sol
quentaba
na horta.

O sol sol sol
queimaba
na porta.

O sol sol sol
cabelos
de ouro.

O sol sol sol
gardaba
un tesouro.

O sol sol sol
O sol lacazán
anuncia o Verán




Comentarios

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021