Entroidos de Galicia

Os rapaces de 5ª e 6ª fixemos un traballo sobre os diferentes entroidos de Galicia. Estes tres témolos moi preto:

- O entroido de Laza. A súa máscara é a dos peliqueiros, e as súas celebracións son: a farrapada, as formigas e as cachuchas.
- En Verín a máscara é o cigarrón. Eles botanlle fariña á xente que pasa polo seu lado, e danlle latigazos.
- Os de Xinzo de Limia, chámanlle pantalla a súa mascara. Logo fan mecos, e un mes antes do entroido celebran o domingo fareleiro, o corredoiro e o oleiro. É tradición facer pagar unha ronda de viño a quen non vaia disfrazado.

Pero tamén atopamos información doutros entroidos que se celebran en toda Galicia.
En Maceda os Felos son a alma da festa, e desfilan por toda a vila. En Vilariño de Conso son tradicionais os Boteiros, e as rapazas de alí roubanlle a roupa aos rapaces. Os Irrios desfilan por Castro Caldelas, e os Vergalleiros en Sarreaus. Hai moitos máis, a ver se os descubrides pola vosa conta. A nós encántanos o entroido, é a nosa festa favorita.

Comentarios

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021