Clases de break dance na biblioteca

O 28 de xaneiro veunos visitar ao cole un rapaz que practicaba break dance . Primeiro, a nosa profe de E.F. explicounos onde naceu o break e en que consiste, e despois púxonos uns cantos videos. Logo, el, que se chamaba Miguel, bailounos un pouquiño, pero a verdade é que era agotador e deixouno enseguida. El díxonos que fixéramos uns cantos pasos fáciles e nos dixémoslle que non, pero Loli, a profe de E.F. mandounos bailar. Participou todo o colexio menos os profes. A verdade é que foi moi guai e moi divertido. A min gustaríame que volvese, para poder velo bailar, e nós volver a participar. Estas son algunhas das opinións dos meus compañeiros: Thais: “Gústome moito, xa que nos enseñou pasos fáciles, e algúns difíciles. Tiña que v ir mais veces o colexio para ensiñarnos o Hip Hop”. Alba: “A min gustoume moito o que fixo Miguel. As volteretas que fixo a min gustáronme moito, e non sei como puido facer iso. Quedamos todos asombrados, e ademais non sei como non rompeu unha man”. Miguel: “A...