jueves, 4 de febrero de 2010

Las aventuras del pequeño Nicolás



Ola a todos. Vouvos recomendar un libro que me aconsellou un dos meus profes. Titúlase "Las vacaciones de pequeño Nicolás", e vouvos contar un pouco de que vai.

Nicolás é un rapaz de entre sete e oito anos.Ten moitos amigos, con eles e con seus pais ocórrenlle moitas aventuras. Vouvos contar unha delas. Por exemplo, o día que lle deron a súa primeira paga semanal e non sabía en que gastala. Ata que un día os seus amigos lle deron unha idea: que comprara chocolate para todos. El comprou unha tableta e compartiuna con seus amigos.



Eu lin tres libros da serie: "Las vacaciones del pequeño Nicolás" , "Los recreos del pequeño Nicolás" e, por último, "Joaquin tiene problemas". O que máis me gustou foi "Las vacaciones del pequeño Nicolás".



A min gústanme os libros do pequeno Nicolás porque cada vez as aventuras son máis sorprendentes e mais bonitas. Ata agora só había tres na biblioteca, pero agora compraron outros dous máis novos.












No hay comentarios: