MULLERES TRABALLADORAS

O día 8 de marzo celébrase o Día da muller traballadora, e celébrase xusto nesa data porque hai moitos anos un montón de mulleres rusas foron ao palacio dos que mandaban no seu país a protestarlle pola escaseza de alimentos que facía pasar fame ás súas familias. Tamén porque nese mesmo día de 1909 , nunha fábrica de Estados Unidos arderon unhas 200 e pico mulleres que protestaban polas súas durísimas condicións de traballo. Nós, no C.E.I.P de Medeiros fixemos algúns traballiños sobre o asunto.

Os de infantil buscaron fotos de mulleres que traballan en oficios que normalmente son de homes.

Os de 2ºe 3º buscaron mulleres deportistas. Por exemplo, Nadia Comanecci que con só 14 anos, conseguiu por primeira vez a puntuación perfecta (un 10), nunhas olimpiadas.

Os de 4º, 5ºe 6º buscamos información mulleres compositoras co profesor de música. Por exemplo, Ana María Mozart que tiña o mesmo talento ca seu irmán, o Mozart famoso, pero que por ser muller non se lle recoñeceu. E aínda por enriba tiña que quedar coidando á súa nai mentres Mozart ía de xira.

Co outro profesor buscamos datos de mulleres científicas, mulleres como Barbara MacCintock que descubriu unha parte moi importante do ADN.

Todas estas mulleres son importantes porque conseguiron destacar en oficios que normalmente desempeñan os homes.

Comentarios

Ana ha dicho que…
asi se habla!!

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021